Inez Fung
Inez Fung | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de abril de 1949 |
Lugar de nacemento | Hong-Kong británico |
Nacionalidade | Hong Kong e Estados Unidos de América |
Alma máter | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Ocupación | climatóloga |
Premios | NASA Exceptional Scientific Achievement Medal, Fellow of the American Geophysical Union, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Foreign Member of the Royal Society, Medalha Roger Revelle e Medalha Carl-Gustaf Rossby |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Inez Fung, nada no Hong Kong británico o 11 de abril do 1949,[1] é unha climatóloga e profesora de ciencias da atmosfera na Universidade de California en Berkeley,[2] onde desenvolveu actividades académicas no Departamento de Ciencias da Terra e Planetarias, e no de Ambiente, Políticas e Manexo. Tamén é codirectora do Instituto Berkeley do Ambiente.[3]
Fung obtivo o seu doutoramento en Ciencias polo MIT en 1977 baixo a supervisión de Jule Gregory Charney, coa tese titulada: «The organization of spiral rainbands in a hurricane».[4][5]Dende entón traballou principalmente na modelaxe climática, os ciclos bioxeoquímicos e no cambio climático. Durante a década de 2000 foi coautora nos informes terceiro e cuarto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC).[6]
No 2006, uniuse a outros 17 climatólogos para completar un amicus curiae no caso xudicial do Estado de Massachusetts contra a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos para argumentar a necesidade de que esta institución regulase as emisións de dióxido de carbono.[7]
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
Membro da Royal Society,[8] da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos,[9] da Unión Xeofísica Americana[9] e da Sociedade Meteorolóxica Americana.[9]
- (1989) Medalla NASA Exceptional Scientific Achievement[9]
- (1991): Premio NOAA Distinguished Authorship[9]
- (1992) Membro NASA Goddard Senior[9]
- (2004) Medalla Roger Revelle, da Unión Xeofísica Americana[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "AMS 100. Advancing Science, serving society since 1919 [presentación]" (pdf). American Meteorological Society. 2020. Diapositiva 11. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Inez FUNG". Earth and Planetary Science (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Inez Fung". www.nasonline.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Inez FUNG". Earth and Planetary Science (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Inez Fung". www.atmos.berkeley.edu. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "12 mujeres líderes en ciencia y activismo medioambiental". harmonia.la (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Scientists' amicus brief" (PDF). No. 05-1120. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "Distinguished scientists elected as Fellows and Foreign Members of the Royal Society". Royal Society. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 "Inez Fung". www.atmos.berkeley.edu. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de xuño de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inez Fung ![]() |