Inés Mosquera Calvo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1992 (32 anos) Carcacía, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora |
Inés Mosquera Calvo, nada en Carcacía (Padrón) o 3 de xullo de 1992, é unha tradutora, intérprete e escritora galega.[1][2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduada en Educación Primaria cun Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Foi bolseira de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e colaborou na sección "Elos de lectura" sobre literatura infantil e xuvenil no xornal El Correo Gallego.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Papoulas amarelas (2022). Ilustracións de Yeray Martín Prats. A Coruña: Medulia Editorial. ISBN 978-84-19438-16-4.[5] [6]
- Nonmesquezas (2023). Prólogo de Fabio Rivas. A Coruña: Medulia Editorial. ISBN 978-84-19438-73-7.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Ratos, no fanzine Perfect blue, Zinsefera 4, 2022, Edicións Malafera
- Valume, en Domingo das Mozas, n.º4, 2023. ISSN: 2792-9523.
- Espiral Dourada, en Dorna. Expresión Poética Galega, n.º 45, 2023. ISSN: 0213-3806.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2022: Primeiro premio no Certame de Poesía Ínsua e o Liño, por Repenico.[7]
- 2024: Accésit no Certame de Poesía Avelino Díaz, por Flor de algodón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inés Mosquera Calvo". www.aelg.gal. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ Concello (2021-12-14). "124 ANIVERSARIO DE AVELINO DÍAZ. CONFERENCIA Y ACTUACIÓN MUSICAL. 18 DE DICIEMBRE 2021, 17HORAS.". Concello de Meira (en castelán). Consultado o 2024-01-20.
- ↑ User, Super. "Miguel Sánchez Robles, gañador do Premio Literario Camilo José Cela do Concello d Padrón". padron.gal. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ Lindeiros (2022-12-27). "José Ignacio Domingo Regidor gaña o XXXII Premio Literario Camilo José Cela". Lindeiros. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ Galiciae (2023-03-28). "Na primavera dos afectos". Galiciae. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "De Luísa Castro a Vivian Gornick. Dez libros para xaneiro do 2023". BiosBardia. 2023-01-09. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-10-30). "O liño: cultura, tradición e divertimento". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-09-13.