Saltar ao contido

Imperio luba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio luba
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1585 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1889 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Fusionado con
Localización
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0gzp84 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Imperio luba foi un estado fundado pola etnia luba en África, no que hoxe é o sur da República Democrática do Congo e o nordeste de Zambia.

No século XVIII, data de contacto cos primeiros colonos europeos, o Imperio luba era en realidade unha serie de estados de tamaño pequeno ou mediano que evolucionaran desde unha primitiva cultura upemba do século III.

A finais do século XVIII os reinos lubas uníronse baixo un poder central moito máis poderoso, cuo máximo mandatario era o mwata ou mulopwe, por motivos fundamentalmente económicos e de forma pacífica, configurándose como imperio comercial.

Durante o reinado de Ilunga Kalala (ca. 1840-1870) o imperio viviu a súa época de maior esplendor comercial.

A finais do século XIX produciuse unha guerra civil a causa dunha crise dinástica e dunha serie de presións estranxeiras que o fixeron desaparecer.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Reefe, Thomas Q. (1981): The rainbow and the kings: a history of the Luba Empire to 1891. Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-5200-4140-0.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.