Mwepu Ilunga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ilunga Mwepu»)
Ilunga Mwepu
Información persoal
Nome Joseph Mwepu Ilunga
Nacemento 22 de agosto de 1949
Lugar de nacemento Congo Belga
Falecemento 8 de maio de 2015
Lugar de falecemento Kinshasa
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1969-80 Tout Puissant Mazembe
Selección nacional
1973-74 Zaire 10
Na rede
IMDB: nm8528044 FIFA: 54841 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Joseph Mwepu Ilunga, ás veces mencionado Alunga Mwepu, nado o 22 de agosto, 1949, e finado o 8 de maio de 2015, foi un futbolista da República Democrática do Congo.

Xogaba de defensa con Zaire na fase final do Mundial de Fútbol Alemaña 1974, onde se fixo famoso por correr dende a súa posición defensiva e chutar a pelota nunha falta, antes de que se puxese en xogo, diante da selección do Brasil.[1] Foi, en consecuencia, castigado, malia a súa sorpresa ó non saber que fixera mal. Zaire perdeu o partido por 0-3.[2] O equipo tamén perdeu contra Escocia, 0-2, e contra Iugoslavia, 0-9.[3]

Morte[editar | editar a fonte]

Ilunga morreu en maio de 2015 despois dunha longa enfermidade[4] no Hospital de Saint-Joseph en Kinshasa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Top 50 football moments Consultado o 10 de xuño de 2006)
  2. Official FIFA match report Arquivado 10 de novembro de 2006 en Wayback Machine. Consultado o 16 de xuño de 2006)
  3. «MWEPU ILUNGA, AUTOR DEL DESPEJE MÁS FAMOSO DE LA HISTORIA» Ángel Iturriaga Barco
  4. The Guardian (ed.). "Former Zaire defender Mwepu Ilunga dies aged 66 after long illness". Consultado o 9 de maio de 2015. 
  5. Foot: l’ancien Léopard Joseph Ilunga Mwepu décédé à l’âge de 66 ans - Radio Okapi (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]