Saltar ao contido

Illas Flégreas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Flégreas
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago Campano Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°45′N 14°01′L / 40.75, 14.02
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude789 m Editar o valor en Wikidata
Superficie51,1 km² Editar o valor en Wikidata
Mapa das illas

As Illas Flégreas (italiano: Isole Flegree; napolitano: Isule Flegree) son un arquipélago no Golfo de Nápoles e a rexión de Campania en Italia meridional. O nome deriva da súa pertenza á área xeolóxica dos Campos Flégreos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Consta das illas de Ischia, Procida, Vivara e Nisida. Forman parte do arco volcánico de Campanin e do arquipélago Campano (arquipélago napolitano), da costa de Nápoles no Mar Tirreno.

O arquipélago está dentro da Provincia de Nápoles.

A illa de Capri é xeralmente excluída, xa que non pertence ás mesmas formacións xeolóxicas.

Na época clásica, algunhas illas Flégreas chamáronse Pithecussae, do grego Pithekousai (Πιθηκοῦσαι, ‘illas dos monos’). Un mito grego fala de dous bandidos, os Cercopes de Éfeso, que facían trasnadas a Zeus, quen os castigou converténdoos en monos e exiliándoos ás illas de Aenaria (Ischia) e Prochyta (Procida)..

As lendas contan que o monstro Tifón esta sepultado baixo Ischia, e os Xigante Mimas baixo Procida. Tales historias poderían ser importantes como pista de como os antigos gregos trataron de explicar o vulcanismo de toda a zona. Os cambios resultantes na topografía das illas debéronse á frecuente intervención das deidades.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]