Saltar ao contido

Illa del Giglio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa del Giglio
 Nome orixinal
   Isola del Giglio (it)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Isola del Giglio (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
 Membro de
Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.330 (2023)
1.436 (2017)
1.439 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
24,01 km²
23,8 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   405 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal58013 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap41975 Editar o valor en Wikidata
VIAF315127956 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Giglio (italiano: Isola del Giglio; pronuncia: [ˈiːzola del ˈdʒiʎʎo]) é unha illa e un concello italiano situada no Mar Tirreno, na costa da Toscana, parte da provincia de Grosseto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa está separada 16 km do promontorio Argentario, principalmente montañosa, está case totalmente constituída por granito que culmina co Poggio della Pagana (496 m). O 90% da súa superficie está cuberta por vexetación mediterránea alternando con grandes bosques de piñeiros e viñedos, que permiten a produción do famoso "viño de Ansonaco". A costa ten 27 km de longo, composta de rochas, de suaves cantís e varias baías suxestivas: Arenella, Cannelle, Caldane e Campese, a máis grande co seu pequeno pobo homónimo.

Unha praia na Illa de Giglio, co fin de Monte Argentario, na costa da Toscana.

O municipio está composto polas illas de Giglio e Giannutri. Tres principais asentamentos atópanse na illa principal:

  • Porto de Giglio, situado no lado costeiro do leste e sede do o porto. Divídese nos barrios de Chiesa, Moletto e Saraceno.
  • Castelo de Giglio, situado sobre un outeiro entre as outras dúas localidades e caracterizado polos maxestosos muros dunha fortaleza. Divídese nos barrios de Casamatta, Centro, Cisterna e Rocca.[1]
  • Giglio Campese, atópase no lado noroeste da costa e é un moderno complexo mariño.

A illa naceu probablemente hai de 4,5 a 5 millóns de anos, e foi habitada desde a Idade de Ferro. Máis tarde foi probablemente unha fortaleza militar etrusca. No cadro da dominación da Antiga Roma era unha importante base no mar Tirreno, citada, por exemplo, por Xulio César no seu De Bello Gallico e polo poeta Rutilius Claudius Namatianus.

No ano 805 foi doada por Carlomagno á abadía de Tre Fontane en Roma, e máis tarde foi unha posesión das familias Aldobrandeschi, Pannocchieschi, Caetani, Orsini e o comune de Perugia. En 1241 a frota siciliana do emperador Frederico II destruíu a frota xenovesa. Desde 1264 foi dominio de Pisa, da que pasou aos Medici. Sufriu varios ataques sarracenos, que só terminaron en 1799.

Xunto á súa historia, a illa foi sempre recoñecida polos seus recursos minerais: moitas columnas e edificios en Roma, foron construídos co granito do Giglio.

Transporte

[editar | editar a fonte]

A Illa del Giglio está conectada á Toscana por transbordadores desde Porto Santo Stefano.

Embarrancamento do Costa Concordia

[editar | editar a fonte]

En 2012, a illa recibiu unha prolongada atención dos medios internacionais, despois de que o 13 de xaneiro de 2012 encallara o cruceiro Costa Concordia, xusto á beira da costa da illa. A maioría dos máis de 4.200 pasaxeiros e tripulantes foron rescatados e levados á illa, así como ao continente. Polo menos 30 persoas morreron e 64 resultaron feridas, con 2 desaparecidos (datos do 20 de decembro de 2012).[2] A xente da illa apresurouse a axudar, proporcionando bebidas quentes e mantas, e moitos abriron os seus fogares ás vítimas. A chegada de 2.000 traballadores de rescate vigorizou a vida na illa, e moitos dos traballadores confraternizaron cos insulares. Algunhas raparigas locais deixaron a illa cos seus novos mozos.[3]

O traballo de rescate do buque iniciouse en 2013 e terminouse cara a finais de xullo de 2014. Achegáronse dispositivos de flotación á dereita do buque para logo elevalo. Foi remolcado posteriormente ao seu destino final o porto de Xénova para ser despezado.[4][5]

Desastre do Costa Concordia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]