Illa de Banks
Aparencia
Coord.: 73°00′N 121°30′O / 73, -121.5
| Banks Island (en) | |||||
| Epónimo | Joseph Banks | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Canadá | ||||
| Territorio | Territorios do Noroeste | ||||
| Capital | Sachs Harbour (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 122 | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 70.028 km² | ||||
| Medición | 290 ( | ||||
| Bañado por | Océano Ártico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
A Illa de Banks é unha illa de 70.028 km² e 114 habitantes (2001), pertence ao arquipélago ártico canadense, nos Territorios do Noroeste, Canadá. Situada ao oeste da Illa Victoria, polo sur o golfo de Amundsen separa a illa do continente, polo norte o estreito de McClure sepáraa das illas de Prince Patrick e de Melville. O único asentamento permanente, Sachs Harbour, localízase na costa suroeste.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da illa foille dado en 1819 por sir William Parry na súa viaxe á procura do paso do Noroeste, en honra de sir Joseph Banks, que dirixía nese momento a Royal Society. Con todo, durante a exploración da zona por Robert McClure (1850-54) a illa aparecía nos mapas como «illa Baring» (Baring Island).
