Illa d'en Colom
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Gimnesias | |||
Localización | ||||
División administrativa | Maó, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 35 m | |||
Dimensións | 1,04 () × 1,16 () km | |||
Superficie | 0,595 km² | |||
A Illa d'en Colom é un illote de 58 Ha, separado uns 200 metros da costa nordeste da illa de Menorca, nas Illas Baleares. Antigamente utilizouse como lazareto. Unha parte utilizouse para o cultivo; tamén se intentou a explotación dunha mina de chumbo. É propiedade da familia Roca (natural de Maó) desde 1904, cando don Antonio Roca i Várez a adquiriu nunha poxa. Na actualidade (2005) forma parte do parque natural da Albufeira des Grau.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A vexetación está formada pola comunidade de Launaea cervicornis, especie que forma pequenos coxinetes espiñentos. Entre as plantas máis interesantes destaca o arbusto endémico Daphne rodriguezii que abunda no illote.
O tamarindo (Tamarix africana) é outra planta bastante característica da illa. Trátase dunha especie de arbusto de orixe africana situado na praia dos Tamarindos, á que dá nome. Cada arbusto pode chegar a adquirir unha altura de 6 metros e un diámetro de 1´3 metros, e en xeral teñen máis de 100 anos de antigüidade. A distribución inicial destes arbustos parece que seguia a de dúas fileiras, pero esta característica foi desaparecendo cos anos e a alteración natural das dunas.
En canto á fauna, a illa de Colón conta con numerosas aves mariñas. Destacan o corvo mariño xigante e o corvo mariño emplumado, a pardela furabuchos (Puffinus puffinus) e a pardela cincenta (Calonectris diomedea). Destacan tamén o miñato real (Milvus milvus), a aguia peixeira (Pandion haliaetus) así como dúas especies de falcóns. Polo que se refire á fauna terrestre, destaca unha variedade endémica da lagarta das Gimnesias, a Podarcis lilfordi brauni de cor azul.