Illa Starbuck
| (en) Starbuck Island | ||||
| Tipo | atol limestone island (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas da Liña Central Line Islands (en) | |||
| Situado na entidade xeográfica | Illas da Liña | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Kiribati | |||
| ||||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 8 m | |||
| Dimensións | 3,5 ( | |||
| Superficie | 16,2 km² | |||
| Historia | ||||
| Data de descuberta ou invención | 1832 e 1823 | |||
A Illa Starbuck, tamén coñecida como Illa Volunteer, é un atol coralino plano e baixo deshabitado do océano Pacífico central. É parte das Illas da Liña pertencentes á República de Kiribati. A illa recibiu múltiples denominacións: Illa Varren, Illa Coral Queen, Illa Hero, Illa Low, Illa Starve e Illa Volunteer.
Non hai auga doce na illa, que é unha das illas máis secas no grupo das illas da liña. As precipitacións medias anuais da illa son de aproximadamente 800 mm..
Mide 8.9 km de leste para oeste e 3.5 km de norte a sur. A Illa Starbuck foi descuberta en 1823 por Valentine Starbuck,[Cómpre referencia] capitán dun buque baleeiro británico. Reclamada por Estados Unidos en 1856 baixo o Acta de Illas Guaneras, pero controlada por Gran Bretaña logo de 1866, a Illa Starbuck converteuse en exportadora de fosfato entre 1870 e 1893. Debido á súa baixa altitude (o punto máis alto da illa mide só 5 metros), a illa está rodeada por arrecifes perigosos, que a finais do século XIX, provocaron o naufraxio dun innúmero de naves.
A Illa Starbuck foi designada como unha área protexida polas Nacións Unidas, e é o fogar dunha colonia de gaviotine apizarrados (Sooty terns).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Galería
- Interior seco da illa
- A endémica Bidens kiribatiensis
- Parede en ruínas, cuberta de Pohuehue (Ipomoea pes-caprae) na Illa de Starbuck
