Illa Mansel
Tipo | illa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Árticas do Canadá ![]() | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Árticas do Canadá ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Nunavut, Canadá ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Baía de Hudson ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 48 (![]() ![]() | ||||
Superficie | 3.180 km² ![]() | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1613 ![]() | ||||
Illa Mansel (Mansel island; en inuktitut:Pujjunaq) é unha illa situada na canadense baía de Hudson, Fronte á Península de Ungava. A illa forma da parte de rexión de Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa ten 3.180 km² de superficie. Ten 112 quilómetros de lonxitude e unha anchura duns 48. Mansel é a máis pequena das tres illas que afloran no norte da baía de Hudson, sendo as outras dúas Illa Southampton e Illa Coats. A illa está situada ao leste da Illa de Coats e a uns 60 quilómetros ao oeste da península de Ungava. O terreo é ondulado e apenas supera os 100 metros de Altura.
A illa é o fogar dunha reserva de renos.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi descuberta en 1613 polo explorador inglés Thomas Button e foi chamada Mansel en honra do vicealmirante Robert Mansel de quen Button desposara a unha sobriña a súa. Na illa atópanse restos arqueolóxicos da cultura Dorset de pobos indíxenas anteriores aos inuit. Unha estación comercial da Compañía da Baía de Hudson estivo activa en Swaffield Harbour, na costa setentrional da illa, de 1930 de 1932.
Notas
[editar | editar a fonte]- Mansel Island en la «The Canadian Encyclopedia» Arquivado 08 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- Sea islands: Atlas of Canada; Natural Resources Canada Arquivado 22 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aylsworth, J. M., and W. Shilts. Surficial Geology of Coats and Mansel Islands, Northwest Territories. [Ottawa]: Energy, Mines, and Resources Canada, 1991. ISBN 0660137453
- Comock. Comock: the True Story of an Eskimo Hunter as told to Robert Flaherty. Photographs by Robert Flaherty. Text by Robert Flaherty and Edmund Carpenter. Jaffrey, N.H.: David R. Godine, 2003.
- Furnell, D. J. Summer Polar Bear Tagging on Mansel Island, N.W.T. [Yellowknife]: N.W.T. Wildlife Service, Govt. of the Northwest Territories, 1979.
- Polunin, Nicholas. Additions to the Floras of Southampton and Mansel Islands, Hudson Bay. Contributions of The Gray Herbarium, Harvard University, No.165. 1947.