Illa Hashima
端島 (ja) 軍艦島 (ja-hani) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Nagasaki | ||||
Cidade | Nagasaki | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 0 (1975) (0 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 0,063 km² | ||||
Medición | 0,16 () × 0,48 () km | ||||
Bañado por | Gotō Sea (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2015 (39ª Sesión) | ||||
Identificador | 1484-018 | ||||
Sitio histórico do Xapón | |||||
Páxina web | gunkanjima-nagasaki.jp |
Illa Hashima (端島 ou simplemente Hashima — -shima é un sufixo xaponés para illa?), communmente chamada Gunkanjima (軍艦島; significa Illa acoirazado), é unha illa abandonada situada a uns 15 quilómetros da cidade de Nagasaki, no sur do Xapón. É unha das 505 illas deshabitadas da prefectura de Nagasaki. As características máis notables da illa son os seus edificios abandonados de formigón, sen perturbacións nin ruídos, salvo os da natureza e o ruído do mar. Mentres a illa é un símbolo da rápida industrialización do Xapón, tamén é un recordatorio da súa historia como un lugar de traballos forzados antes e durante a segunda guerra mundial.[1][2]
A illa de 6,3 hectáreas era coñecida polas súas minas de carbón submarinas, descubertas en 1887, que operaron durante a industrialización do Xapón. A illa alcanzou unha poboación máxima de 5 259 habitantes en 1959. En 1974, coas reservas de carbón achegándose ao esgotamento, a mina foi pechada e todos os residentes partiron pouco despois, deixando a illa efectivamente abandonada durante as seguintes tres décadas. O interese por ela volveu a aparecer nos anos 2000 debido ás súas ruínas históricas e converteuse gradualmente nunha atracción turística. Algúns muros exteriores colapsados foron restaurados e abriron Hashima para os turistas o 22 de abril de 2009. O aumento do interese pola illa provocou unha iniciativa de protección como lugar de patrimonio industrial.
A illa foi aprobada formalmente como un Patrimonio da Humanidade da UNESCO en xullo de 2015, como parte dos Sitios da Revolución Industrial Meiji do Xapón: Ferro e Aceiro, Construción naval e minería de carbón do Xapón.[3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Illa acoirazado é unha tradución do alcume xaponés para a illa Hashima, Gunkanjima (gunkan que significa acoirazado, jima é a forma rendaku de shima, que significa illa). O alcume da illa proviña do seu parecido co acoirazado xaponés Tosa.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]O carbón descubriuse por primeira vez na illa ao redor de 1810, e a illa habitouse continuamente desde 1887 ata 1974 como unha mina submarina. Mitsubishi Goshi Kaisha comprou a illa en 1890 e comezou a extraer o carbón das minas submarinas, mentres foron construídos diques e recheos de terra (que triplicaron o tamaño da illa[Cómpre referencia]). Á súa vez construíronse catro pozos mineiros principais (ata chegar a 1 km de profundidade), un dos cales se conectaba a unha illa veciña. Entre 1891 e 1974, ao redor de 15,7 millóns de toneladas de carbón foron extraídas das minas con temperaturas de 30 °C e un 95% de humidade.
En 1916, a empresa construíu o primeiro grande edificio de concreto reforzado do Xapón (un bloque de apartamentos de 7 pisos),[6] para dar cabida á súa crecente cantidade de traballadores. O formigón foi usado especificamente para protexerse contra a destrución dos tifóns. Durante os seguintes 55 anos construíronse máis edificios, incluíndo bloques de apartamentos, escola, xardín de infancia, hospital, concello e centro comunitario. Construíronse un club, cine, baño común, piscina, xardíns no tellado, tendas e un salón pachinko para o entretemento dos mineiros e as súas familias.
A partir da década de 1930 e ata o final da segunda guerra mundial, os cidadáns reciclados coreanos e prisioneiros de guerra chineses foron obrigados a traballar baixo condicións moi duras e tratamentos brutais nas instalacións de Mitsubishi como traballadores forzados baixo as políticas xaponesas de mobilización durante a guerra.[1][7][8][9] Durante este período, estímase que preto de 1 300 deses traballadores recrutados forzosamente morreron na illa debido a diferentes perigos, incluíndo accidentes subterráneos, esgotamento e desnutrición.[10][11]
En 1959, a poboación da illa de 6´3 hectáreas alcanzou o seu pico de 5 259 habitantes, cunha densidade de poboación de 835 persoas por hectárea (83 500 hab./km²) na illa, ou 1 391 por hectárea (139 100 hab./km²) no barrio residencial.[12]
Como o petróleo substituíu o carbón no Xapón nos anos 60, as minas de carbón comezaron a pecharse en todo o país e as de Hashima non foron unha excepción. Mitsubishi pechou oficialmente a mina en xaneiro de 1974, e a illa foi despexada de habitantes en abril. Hoxe en día as súas características máis notables son os edificios de vivendas de concreto abandonados e case aínda intactos, o dique e a súa distintiva forma de perfil. A illa foi administrada como parte da cidade de Nagasaki desde a fusión coa antiga cidade de Takashima en 2005. As visitas a Hashima foron autorizadas o 22 de abril de 2009, logo de 35 anos de peche.
Status actual
[editar | editar a fonte]A illa foi propiedade de Mitsubishi ata 2002, cando foi transferida voluntariamente á cidade de Takashima. A cidade de Nagasaki, que absorbeu Takashima en 2005, exerce a xurisdición sobre a illa. O 23 de agosto de 2005 o concello permitiu a visita aos xornalistas. Naquela época, a cidade de Nagasaki planeaba a restauración dun peirao para os desembarcos turísticos en abril de 2008. Ademais, planeábase unha calzada de visitantes de 220 metros de lonxitude e prohibiuse a entrada a áreas inseguras. Debido ao atraso na construción do desenvolvemento, con todo, a finais de 2007 a cidade anunciou que o acceso público se atrasaba ata a primavera de 2009. Ademais, a cidade atopou problemas de seguridade derivados do risco de colapso dos edificios na illa debido ao significativo envellecemento.
Calcúlase que o desembarco de turistas só sería factible durante menos de 160 días por ano debido ao clima extremo da zona. Por razóns de eficacia de custo, a cidade considerou cancelar plans para ampliar a pasarela de visitantes aínda máis a uns 300 metros cara a parte oriental da illa e aproximadamente 190 metros cara á parte occidental da illa despois de 2009.[Cómpre referencia] Unha pequena porción da illa foi finalmente reaberta para o turismo en 2009, pero máis do 95% da illa está estritamente prohibida para as visitas.[13] A reapertura completa da illa requiriría un investimento substancial en seguridade e desvirtuaría o estado histórico dos envellecidos edificios.
A illa recibe cada vez máis atención internacional non só polo seu actual patrimonio rexional, senón tamén polos restos complexos de vivendas non perturbadas que representan o período desde o período Taishō ata o período Shōwa. Tornouse nun tema frecuente de discusión entre os entusiastas das ruínas. Dado que a illa abandonada non tivo labores de mantemento, varios edificios derrubáronse, principalmente por danos causados polos tifóns e outros edificios están en perigo de colapso. No entanto, algúns dos muros exteriores colapsados foron restaurados con formigón.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Battleship island – a symbol of Japan's progress or reminder of its dark history?". The Guardian. 2015-07-03. Consultado o 2015-09-12.
- ↑ "Dark history: A visit to Japan's creepiest island". CNN. 2013-06-13. Consultado o 2015-09-17.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre - New Inscribed Properties (2015)". Whc.unesco.org. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ https://www.theguardian.com/world/2015/jul/03/battleship-island-a-symbol-of-japans-progress-or-reminder-of-its-dark-history
- ↑ Kawamoto, Yashuhiko. "Deserted 'Battleship Isle' may become heritage ghost ship," Arquivado 09 de agosto de 2010 en Wayback Machine. The Japan Times. 17 de febreiro de 2009.
- ↑ "Der Spiegel" (Article) (en German). DE.
- ↑ "1999 report of the Committee of Experts on the Application of Conventions and Recommendations" (PDF). the International Labour Organization. 1999. Consultado o 2015-09-16.
- ↑ "Japan's 007 island still carries scars of wartime past, Compulsory Mobilization". Edition.cnn.com. 2013-06-13. Consultado o 2013-08-22.
- ↑ "Hashima ― forgotten island of tragedy". The Korea times. 2012-10-04. Consultado o 2015-09-11.
- ↑ Burke-Gaffney, Brian (1996). "Hashima: The Ghost Island". Crossroads: a Journal of Nagasaki History and Culture 4: 33–52. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2013. Consultado o 2016-11-21.
- ↑ Gunkel, Christoph (2009-11-27). "Vergessene Orte - Geisterstadt im Ozean". Der Spiegel. Consultado o 2017-07-29.
- ↑ "Japan's 007 island still carries scars of wartime past". Edition.cnn.com. 2013-06-13. Consultado o 2013-08-22.
- ↑ Bender, Andrew. "The Mystery Island From 'Skyfall' And How You Can Go There". Forbes. Forbes, Inc. Consultado o 26 de maio de 2014.
- ↑ Pulin. 昔の思い出 昭和末期の長崎の端島(いわゆる軍艦島)のこと (en Japanese). Consultado o 16 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Hashima |