Pachinko
O pachinko (パチンコ?) é un sistema de xogo moi semellante ó dos pinballs. Estas máquinas combinan un sistema moderno de videoxogos co clásico pinball. Foi inventado na época na que o Xapón se atopaba sumido na segunda guerra mundial, na cidade de Nagoia.[1] As máquinas de pachinko son típicas do Xapón, adoitan estar situadas nuns salóns de xogo chamados pachinko-parlors (パチンコ店), e son un sistema de xogo totalmente legal.[2]
Modo de xogo[editar | editar a fonte]
O pachinko consiste en que o xogador debe mercar unha gran cantidade de bólas de aceiro e despois insertalas na máquina. No centro da máquina hai unha especie de regulador que, ó tirar as bólas, xira facendo que estas sexan lanzadas cara a abaixo, onde a maioría cae no fondo da máquina sen proporcionar premio, e moi poucas realmente caen nunhas portas pequenas que bonifican gañando máis bolas, sendo este último o obxectivo do xogo.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pachinko ![]() |