Illa Gaspar Grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaspar Grande
Gaspar Grande no fondo, coa illa de Gasparillo no plano á dereita
Gaspar Grande en Trinidad e Tobago
Gaspar Grande
Gaspar Grande
Localización de Gaspar Grande fronte á península noroccidental de Trinidad
Situación
País Trinidad e Tobago
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas10°40′N 61°39′O / 10.667, -61.650Coordenadas: 10°40′N 61°39′O / 10.667, -61.650
Xeografía
Superficie1´29 km²
Longura máxima2´4 km.
Largura máxima0´8 km.
Punto máis alto103 m.

Gaspar Grande ou Gasparee é unha illa na República de Trinidad e Tobago cuxo nome derívase de Gaspar de Percín. A illa ten 1´29 km² de superficie e atópase 12 quilómetros ao oeste de Port of Spain. É unha das "Illas Bocas", que se atopan na chamada Bocas do Dragón entre a illa Trinidad e Venezuela.

Gaspar Grande é principalmente de pedra calcaria, e alcanza unha altura de 103 metros na súa parte máis alta. No pasado instaláronse estacións para a caza de baleas na illa. Gaspar Grande é tamén o fogar da Gasparee Caves (Covas de Gasparee), un sistema de covas naturais de pedra calcaria cunha misteriosa piscina na súa base. Outras covas na illa inclúen a Cova Branca, a Cova Brioge e a cova Precipice.

Unha lenda conta que outra cova na illa, o tunel de William Dampier, garda o cofre do tesouro dun pirata e que é de fácil acceso en certos días do ano.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1783, Gaspar Grande foi concedida a Gaspar de Percin Roque polo gobernador José María Chacón.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]