Illa Drygalski
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
Illa Drygalski | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Antártida |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 65°45′S 92°30′L / -65.750, -92.500Coordenadas: 65°45′S 92°30′L / -65.750, -92.500 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 220 km² |
Longura máxima | 20´6 km. |
Largura máxima | 13´4 km. |
Punto máis alto | 327 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa Drygalski é unha illa campo de xeo que ten 20´4 km de longo e elévase a 325 m no Mar de Davis do Océano Austral, 85 km ao norte da costa da Terra da Raíña Mary e 45 km ao nor-nordés de Cabo Filchner. A illa ten unha superficie de 220 km². [Cómpre referencia]
A illa Drygalski foi vista por primeira vez desde a costa continental da Antártida en novembro de 1912 por membros do Western Base Party da Expedición Antártica Australiana (1911-1914) e observada máis de preto desde a nave Aurora de Sir Douglas Mawson na viaxe de regreso a casa en xaneiro de 1914. Como se pensaba que a Illa Drygalski era a "Terra Alta de Drygalski", trazada polo Profesor Erich von Drygalski da Expedición Antártica Alemá (1901-1903) en 1902, o nome de Drygalski foi outorgado por Sir Douglas Mawson á illa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Drygalski |