Illa Bolshoy Begichev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bolshoy Begichev
Большой Бегичев
Localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia
RepúblicaRepública de Sakha
MarMar de Laptev
Coordenadas74°20′00″N 112°42′00″L / 74.33333, -112.70000Coordenadas: 74°20′00″N 112°42′00″L / 74.33333, -112.70000
Xeografía
Superficie1.763´7 km²
Longura máxima61 km.
Largura máxima57 km.
Perímetro194´5
Punto máis alto198 m. Vozvyshenost' Kiryanka
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Bolshoy Begichev (ruso: Большой Бегичев) é unha illa no mar de Laptev, Rusia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie da illa é de 1764 km². Bolshoy Begichev localízase dentro do Golfo de Khatanga (ruso: Хатангский залив), dividindo o golfo en dous estreitos.

Illas adxacentes[editar | editar a fonte]

Maliy Begichev[editar | editar a fonte]

Soamente 8´5 km ao oeste de Bolshoy Begichev atópase a illa moito máis pequena coñecida como illa Maliy Begichev. A fronteira entre as divisións administrativas da Federación Rusa corre entre as dúas illas Begichev, de modo que mentres que Maliy Begichev está no Krai de Krasnoyarsk, Bolshoy Begichev está na república de Sakha. Tanto Bolshoy Begichev como Maliy Begichev reciben o nome do explorador polar ruso Nikifor Begichev.

Preobrazheniya[editar | editar a fonte]

Ao norte de Bolshoy Begichev atópase a pequena illa Preobrazheniya. Esta illa granítica alargada era útil como punto de referencia para os barcos que pasaban pola Ruta Marítima do Norte no pasado.[1]

Cabo Paska Cape, illa Bolshoy Begichev

History[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Unha estación costeira NAVTEX adoitaba estar situada na illa a 74°32′00″N 112°02′00″L / 74.53333, -112.03333.[2] Con todo, de acordo coa lista NAVTEX actual, a estación xa non se atopa na lista.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William Barr, The First Soviet Convoy to the Mouth of the Lena.
  2. Master Plan of the Shore-Based Facilities for the Global Maritime Distress and Safety System (pdf)p81. Arquivado 12 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
  3. Organización Marítima Internacional (OMI) (31 de maio de 2017). "Master Plan of the Shore-Based Facilities for the Global Maritime Distress and Safety System". Circular GMDSS.1 (en inglés) 21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Around the Polar Circle by Motor Vehicle: [1]