Illa Ángel de la Guarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Ángel de la Guarda
Español: Isla Ángel de la Guarda
Seri: Xazl Iimt
Localización da illa
Situación
País México
EstadoBaixa California
MarGolfo de California, océano Pacífico
Coordenadas29°15′36″N 113°22′13″O / 29.26000, -113.37028Coordenadas: 29°15′36″N 113°22′13″O / 29.26000, -113.37028
Xeografía
Superficie931´428 km²
Longura máxima69 km.
Largura máxima21 km.
Punto máis alto1.313 m.
Demografía
CapitalPuerto Refugio
PoboaciónDeshabitada

A Illa Angel de la Guardia, é unha grande illa no Golfo de California (Mar de Cortés) ao leste de Baía de Los Ángeles no noroeste de México, separada da Península de Baixa California pola Canle de Ballenas. É a segunda máis grande das once Illas Midriff ou Illas Grandes. forma parte do estado de Baixa California, localizado ao noroeste da Illa Tiburón. A illa está deshabitada, e é unha reserva biolóxica chamada Parque Nacional Isla Angel de la Guarda. A illa é parte do concello de Mexicali.

O nome da súa parte norte en seri é Xazl Iimt [ˌχaʃɬ ˈiːmt] fogar dos pumas, e o da súa parte sur Tjamojíil Yacáai [txɑmo'xi:ɬ jɑ'kɑ:i] onde segue a chopa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 931 km², cunha cadea de montañas que percorre toda a súa lonxitude de 69 km, e que alcanza unha altitude máxima de 1.313 m sobre o nivel do mar. O seu largo máximo é de 21 km. A illa é extremadamente seca, sen fontes de auga doce, salvo as producidas polas escasas choivas. Malia isto, a illa conta cunha diversa variedade de flora e fauna nativas, entre as cales atópanse numerosas especies endémicas. Está deshabitada, pero hai unha base baleeira na parte norte da illa, Puerto Refugio.

Seccións medias e meridionais da Illa Angel de la Guarda.

Gran parte da illa é inaccesible debido ás montañas en ou preto da beira, especialmente na costa oeste. Hai algunhas áreas planas na costa nas saídas dos abanos creados polos sedimentos. Estes abanos aluviais atópanse sobre todo na costa leste, pero un grande atópase na costa oeste, onde a illa estréitase no medio. Gran parte da xeoloxía da illa está formada por depósitos de area volcánica e aluvial.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aitchison, Stewart W. (2010-01-01). The Desert Islands of Mexico's Sea of Cortez (en inglés). University of Arizona Press. ISBN 9780816527748. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]