Iliturgis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIliturgis

Localización
Mapa
 37°58′19″N 3°46′26″O / 37.97183, -3.774Coordenadas: 37°58′19″N 3°46′26″O / 37.97183, -3.774
Provincia romanaHispania Citerior Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación179 a. C. (<181 a. C.) Editar o valor em Wikidata
Disoluciónséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Evento clave
206 a. C.Battle of Iliturgi (en) Traducir
215 a. C.Cerco de Iliturgi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IIliturgis, Illiturgi ou Iliturgi foi unha cidade ibérica e posteriormente da Hispania romana. Atopábase na Oretania,[1] próxima ao sur do río Betis (actual Guadalquivir), na vía de Córdoba a Cástulo, no actual termo municipal de Mengíbar, co poboamento romano na chamada «Encomenda de Maquiz» e o ibero, descuberto en 2017, no cerro da Muela, aínda que durante moito tempo creuse que estaba preto de Andújar, no que terminou por ser identificado como a antiga Isturgi.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda guerra púnica, púxose ao lado dos romanos, e foi asediada polos cartaxineses en dúas ocasións, no 214 a.C. e no 211 a.C., mais con todo, levantáronse os asedios. Cando os irmáns Publio e Cneo Cornelio Escipión foron derrotados, Iliturgi e Cástulo pasáronse ao bando dos cartaxineses. Ademais, de acordo coas fontes romanas, dise que os cidadáns de Iliturgi executaran aos romanos que fuxiran á cidade en busca de refuxio durante a guerra. Cando Escipión o Africano tomou por asalto a cidade no ano 206 a.C., fixo executar a todos os seus habitantes e queimar os seus cadáveres.

Foi refundada por Tiberio Sempronio Graco,[1] cando era pretor de Hispania Citerior (181-179 a.C.) e chegou a ser, durante a etapa a etapa imperial, unha cidade considerable que levou o nome de Forum Julium[3] e formou parte da provincia da Bética, e medrou en tamaño.

Eufrasio de Iliturgi dise que foi o seu primeiro bispo cristián. No século VII, o rei visigodo Sisebuto construíu unha igrexa sobre o sepulcro de Eufrasio en Iliturgi, pero durante a conquista musulmá da Península Ibérica no século VIII, as reliquias de Eufrasio foron trasladadas a Galicia, até o Val do Mao en Samos..[4]

Localización[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos pensouse que a cidade de Iliturgi achábase na actual Andújar. Hoxe en día, a hipótese aceptada pola maioría dos arqueólogos e historiadores e a que a identifica coa Encomenda de Maquiz" no termo municipal de Mengíbar.[5] Aínda que, recentemente, uns autores propoñen que podería acharse baixo a actual cidade de Xaén.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Roldán & Wulff (2001), p. 124
  2. López, Javier (19-07-2017). "Descubierta en Jaén una ciudad íbera destruida por Escipión durante la Segunda Guerra Púnica". abc.es (en castelán). Consultado o 10-12-2019. 
  3. "ILLITURGIS". Perseus Digital Library (en inglés). Consultado o 10-12-2019. 
  4. "DÍA 16 DE MAYO". sagradafamilia.devigo.es (en castelán). Archived from the original on 08-04-2012. Consultado o 10-12-2019. 
  5. Olaya, Vicente G. (27 de novembro de 2018). "El proyectil que resolvió un enigma". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  6. Muñoz, Raúl (31 de maio de 2019). "Iliturgi, ni Andújar ni Mengíbar". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 10-12-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Levene, D.S. (2010). Livy on the Hannibalic War (en inglés). Nova York: Oxford University Press. ISBN 9780198152958. 
  • Mangas Manjarrés, Julio (1995). De Aníbal al emperador Augusto: Hispania durante la República romana. Madrid: Historia 16. ISBN 84-7679-278-6. 
  • Roldán Hervás, José Manuel; Wulff Alonso, Fernando (2001). Citerior y ulterior: las provincias romanas de Hispania en la era republicana. Serie Historia de España. Colec. Fundamentos nº 177 (en castelán). Madrid: Istmo. ISBN 84-7090-333-0.