Saltar ao contido

Ilaria Salis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIlaria Salis
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Milán - historia da antigüidade (–2021)
Universidade de Milán - historical sciences (en) Traducir (–2005) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política , activista Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Instagram: ila_salis Editar o valor em Wikidata

Ilaria Salis, nada 17 de xuño de 1984 en Monza, é unha activista antifascista, docente e política europarlamentaria italiana.[1]

Despois de rematar os seus estudos, comezou a traballar como mestra. Obtivo un escano o 9 de xuño nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2024.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Monza e creceu Milán. Despois dos seus estudos na Universidade de Milán comezou a traballar de profesora. Foi arrestada en Budapest en febreiro de 2023 durante unha contra-manifestación contra unha concentración de extremistas de dereita, acusada de participar nun ataque contra neonazis. A súa detención e subsecuente encarceramento xeraron unha significativa controversia e tensión diplomática entre Hungría e Italia.[3][4]

Durante o seu proceso xudicial, Salis denunciou as condicións inhumanas do seu encarceramento, como a falta de alimentación adecuada, a infestación de pragas na prisión e a limitación das súas comunicacións coa familia.[5][6]

En 2024, foi nomeada como candidata para o Parlamento Europeo pola Alianza Verdes e Esquerda da Alianza Libre Europea, unha decisión vista como unha oportunidade para obter inmunidade parlamentaria e suspender o seu proceso penal en Hungría.[7] A súa campaña electoral foi limitada polas restricións do seu encarceramento, pero logrou ser elixida, obtendo así a súa liberdade e inmunidade.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ilaria Salis has been elected to EU parliament". www.ansa.it (en inglés). Consultado o 2024-06-10. 
  2. "La Hongrie devrait libérer l'italienne Ilaria Salis après son élection au Parlement européen". euronews (en francés). 2024-06-10. Consultado o 2024-06-10. 
  3. Euronews, ed. (24 de maio de 2024). "Italian anti-fascist activist Ilaria Salis stands trial in Hungary" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  4. El Salto, ed. (13 de marzo de 2024). "Hungría: Ilaria Salis a juicio por antifascismo" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  5. Euronews, ed. (24 de maio de 2024). "Italian anti-fascist activist Ilaria Salis stands trial in Hungary". Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  6. 6,0 6,1 El Salto, ed. (10 de xuño de 2024). "La antifascista italiana Ilaria Salis obtiene escaño y libertad, gracias a la inmunidad parlamentaria" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2024. 
  7. Euronews, ed. (24 de maio de 2024). "Father of anti-Nazi activist Ilaria Salis: 'My daughter wants a fair trial'" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]