Iker Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iker Jiménez
(Iker Jiménez) Inauguración exposición 'Cuarto milenio' (31906217660) (cropped).jpg
Nome completoIker Jiménez Elizari
Nacemento10 de xaneiro de 1973
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidad Europea de Madrid
Ocupaciónpresentador de televisión, locutor de radio, ufólogo, escritor e xornalista
CónxuxeCarmen Porter Ucha
PremiosPremio Ondas, Antena de Oro e Antena de Oro
editar datos en Wikidata ]

Iker Jiménez Elizari, nado en Vitoria o 10 de xaneiro de 1973, é un xornalista vasco. É esposo da tamén periodista Carmen Porter, coa que colabora en numerosos proxectos profesionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde os comezos da súa actividade profesional especializouse en programas radiofónicos de tema esotérico, máxico e pseudocientífico, simultaneándoos ou alternándoos ás veces con outros deportivos ou de sucesos. Publicou con grande éxito de vendas o seu primeiro libro, "Enigmas sin resolver", en 1999, e desde entón, contribúe regularmente á lista de libros máis vendidos.

Na actualidade, presenta e dirixe o programa de televisión Cuarto Milenio, en Cuatro, e o programa de radio Milenio 3, na Cadena SER, ambos espazos nocturnos, onde se abordan (a través de entrevistas e o que presenta como traballos de investigación) diversos fenómenos paranormais e outros enigmas sen resolver. Iker Jiménez apoda aos seus programas "Naves del misterio".

Milenio 3, con 776.000 oíntes, bateu os mellores rexistros de audiencia, situándoo nunha marca nunca antes vista na radio española no horario de madrugada. O libro do programa, "Milenio 3, El libro", estivo oito semanas entre os dez máis vendidos nas librerías españolas, e Cuarto Milenio consolidouse como unha das propostas de produción propia máis exitosas da canle de televisión Cuatro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]