Igrexa de Valdesaz de los Oteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Valdesaz de los Oteros
Ben de Interese Cultural
Igrexa da Asunción de Valdesaz de los Oteros
Localización
PaísEspaña España
ProvinciaLeón
ConcelloPajares de los Oteros
LocalidadeValdesaz de los Oteros
Coordenadas42°19′24″N 5°25′37″O / 42.323422222222, -5.4270638888889Coordenadas: 42°19′24″N 5°25′37″O / 42.323422222222, -5.4270638888889
Datos xerais
DeclaraciónReal Decreto 598/1982
Data15 de xaneiro de 1982
CategoríaMonumento / arquitectura relixiosa
CódigoRI-51-0004563
Construción? - segunda metade do século XVI

A igrexa da Asunción atópase na localidade leonesa de Valdesaz de los Oteros, pertencente ao concello de Pajares de los Oteros, en Castela e León.

Historia[editar | editar a fonte]

Formou parte do desaparecido mosteiro de San Cibrán. Ten como elemento principal a capela maior da igrexa, construída en ladrillo e cuberta con rica armadura octogonal mourisca. As naves son de perpiaño, ben trazadas, con decoración exterior de orde toscana, tres arcos por banda, de medio punto e cubierta a nave maior cunha armadura gornecida con lazo, todo iso da segunda metade do século XVI.[1]

Status patrimonial[editar | editar a fonte]

O 15 de xaneiro de 1982 foi declarada monumento histórico-artístico, mediante un real decreto publicado o 24 de marzo dese mesmo ano no Boletín Oficial del Estado, coa rúbrica de Xoán Carlos I e da daquela ministra de Cultura Soledad Becerril.[1] Na actualidade está considerada Ben de Interese Cultural.

Notas[editar | editar a fonte]