Soledad Becerril
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Soledad Becerril | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Soledad Becerril Bustamante |
Nacemento | 16 de agosto de 1944 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid e Universidade de Columbia |
Ocupación | política e profesora universitaria |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Medalla de Andalucía, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Soledad Becerril Bustamante Marquesa consorte de Salvatierra, nada en Madrid o 16 de agosto de 1944, é unha política (UCD e PP) e profesora española. En 1981 foi nomeada ministra de Cultura, converténdose na primeira muller que ocupou unha carteira ministerial dende a Segunda República. En 2012 foi tamén a primeira muller que ocupou o cargo de defensora do Pobo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Soledad Becerril é filla de Enrique Becerril y Antón-Miralles e da súa dona, María Bustamante y Polo de Bernabé. É a máis nova de catro irmáns.
Licenciada en Filosofía e Letras, especializada en filoloxía inglesa pola Universidade de Madrid, completou os seus estudos na Universidade de Columbia. Foi profesora na Universidade de Sevilla. Fundou en Sevilla a revista de información andaluza La Ilustración Regional, da que foi conselleira delegada. En 1974, ingresou na Federación de Partidos Demócratas y Liberales, integrándose despois no Partido Demócrata de Andalucía que posteriormente se integrou na Unión de Centro Democrático. Foi elixida deputada nas eleccións xerais de 1977 pola UCD. Nas cuart, quinta e sexta lexislaturas foi elixida deputada polo Partido Popular. Formou parte da comisión encargada de redactar o Estatuto de Autonomía de Andalucía.
Durante a primeira lexislatura foi nomeada por Leopoldo Calvo-Sotelo ministra de Cultura en decembro de 1981, sendo a primeira muller que accedeu ao Consello de Ministros dende a Segunda República, cando foran Federica Montseny e, xa no exilio, Victoria Kent. Permaneceu no cargo ata decembro de 1982, cando tomou posesión o primeiro goberno de Felipe González.
Foi alcaldesa de Sevilla dende 1995 a 1999 e en 2004 foi elixida senadora pola provincia de Sevilla e en 2008, deputada pola circunscrición electoral de Sevilla.
O 29 de xuño de 2012 foi designada para o cargo de defensora do pobo, sendo a primeira muller escollida para este posto.[1] En xuño de 2017 anunciou a súa renuncia tras cinco anos no cargo, que se fixo efectiva o 21 de xullo.[2]
Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]
- Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (1977-1982).
- Ministra de Cultura de España (1981-1982).
- Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (1989-1996).
- Tenente de alcade de Sevilla (1991-1995).
- Alcaldesa de Sevilla (1995-1999).
- Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (2000-2004).
- Vicepresidenta terceira do Congreso dos Deputados (2000-2004).
- Senadora por Sevilla (2004-2008).
- Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (2008-2011).
- Defensora do Pobo de España (2012-2017).
Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]
- Dama Gran Cruz da Orde de Carlos III (2-12-1982).[3]
- Gran Oficial da Orde ao Mérito da República Italiana (2-6-1999).[4]
- Medalla de Ouro de Andalucía (21-2.2006).[5]
- Dama Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort (16-6-2017).[6]
- Premio Manuel Clavero (23-5-2018).[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El País
- ↑ "Soledad Becerril: «Aquí acaba mi tiempo como defensora del Pueblo»". ABC (en castelán). 6 de xuño de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2017.
- ↑ BOE
- ↑ Quirinale
- ↑ Boletín Oficial da Junta de Andalucía
- ↑ BOE
- ↑ Diario de Sevilla
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soledad Becerril ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha persoal do Senado de España.
- Concesión da Medalla de Andalucía no Boletín Oficial da Xunta, 21 de febreiro de 2006
Predecesor: Íñigo Cavero |
![]() Ministra de Cultura de España 1981 - 1982 |
Sucesor: Javier Solana
|
Predecesor: María Luisa Cava de Llano y Carrió (interina) |
![]() Defensora do Pobo de España 2012 - 2017 |
Sucesor: Francisco Fernández Marugán (interino)
|
- Nados en Madrid
- Nados en 1944
- Defensores do Pobo
- Ministros de España
- Alcaldes de Sevilla
- Senadores de España polo PP
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD
- Personalidades da política da Comunidade de Madrid
- Alumnos da Universidade de Columbia
- Profesores da Universidade de Sevilla
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)