Igrexa de Santiago Apóstolo de Alcazarén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santiago Apóstolo
Igrexa de Santiago Apóstolo
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCastela e León
TipoIgrexa
AdvocaciónSantiago o Maior
LocalizaciónAlcazarén
Coordenadas41°22′13″N 4°40′14″O / 41.370277777778, -4.6705555555556Coordenadas: 41°22′13″N 4°40′14″O / 41.370277777778, -4.6705555555556
CatalogaciónBen de Interese Cultural
16 de xuño de 1997
RI-51-0010171
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseValladolid
Arquitectura
Construciónséculo XIV - século XVIII
EstiloRománico, Mudéxar
IdentificadorRI-51-0009967
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santiago Apóstolo é un templo católico situado na localidade de Alcazarén (provincia de Valladolid). Está situada na Praza Maior, e foi reaberta tras máis dunha década cerrada ó público o 12 de maio de 2013. Foi declarada Ben de Interese Cultural.

Características[editar | editar a fonte]

Ten orixe no século XIV, de estilo románico-mudéxar, e foi profundamente transformada nos séculos XVII e XVIII. A súa ábsida presenta no exterior tres arcadas apuntadas de ladrillo con aliñación vertical.

Valor artístico[editar | editar a fonte]

A igrexa é de tres naves de case a mesma altura, entre piares e arcos de medio punto. A central cóbrese con bóvedas de canón con lunetos e aresta, as laterais tamén con bóvedas de aresta. A sacristía e a nave do evanxeo cóbrense con xeseiras barrocas. A torre de ladrillo e formigón, sitúase xunto á cabeceira, no lado da Epístola. O seu campanario adórnase con bolas e remata en chapitel. A portada principal ábrese no lado do Evanxeo, a outra é mais sinxela e de arco de medio punto, sitúase no lado da epístola.

O retablo maior está dedicado a Santiago Apóstolo, representado na fornela central como "Santiago Matamoros" na batalla de Clavijo (s. IX en Astorga, Ramiro I de Oviedo contra Abderramán II). Nas antigas pinturas góticas ó fresco recentemente atopadas tamén aparece esta representación. No coro hai un órgano rococó de madeira en branco do s. XVIII.

No Presbiterio resaltan catro sepulturas das varias que existen. Por orde dende o lado do Evanxeo ó da Epístola, na primeira lápida funeraria lese a seguinte inscrición: "Esta sepultura é de Francisco Gómez notario e da súa muller Ana Sanz e dos seus herdeiros, vendeuse esta igrexa con licenza do ordinario ano de 1605". A segunda lápida leva gravada esta outra: "Dotou esta sepultura María de Aldevela muller que foi de Juan de Villanueba en cincocentos marabedís de renda cada ano. 1600". O texto da terceira di: "Esta lauda é de Luis do Barrio e da súa muller María García e dos seus fillos. Ano 1591". A última decórase con inscrición e escudo heráldico: "Esta sepultura douna a igrexa a Juan Pastor e a súa muller Catalina de Niebas con licenza que deron o retablo do Crucifixo. Ano 1600".