Igrexa de San Gonzalo de Amarante
Igrexa de San Gonzalo de Amarante | |
---|---|
País | Portugal |
Coordenadas | 41°16′11″N 8°04′43″O / 41.26972222, -8.07861111Coordenadas: 41°16′11″N 8°04′43″O / 41.26972222, -8.07861111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Gonzalo (São Gonçalo en portugués) é un templo católico situado na localidade de Amarante, no distrito do Porto (Portugal). O edificio mestura os estilos renacentista, manierista, barroco e oitocentista.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada inicialmente por São Gonçalo de Amarante.
En 1540, a pequena ermida medieval adicada ao santo eremita foi transformada nun gran mosteiro coa construción dun convento dominicano en honra de São Gonçalo, coa autorización e axuda de Xoán III e da súa muller, a Raíña Dª Catarina. A edificación da igrexa e do convento prolongouse ata a época de Filipe II de España, antes de 1600, e aínda que nunha primeira fase a dirección das obras foi encargada a frei Julião Romero, a faciana manierista que o mosteiro presenta na actualidade débese ao arquitecto Mateus Lopes.
As obras comezaron en 1543 e prolongouse ata o século XVIII, mais con intervencións no século XX. A primeira fase das obras sitúase entre 1545 e 1554, se ben é difícil saber o que estaba feito nesta década ou na seguinte. Durante as décadas de 1860 e 1870 non hai referencias á construción do templo.
Contra 1586, Gonçalo Lopes realizou unha visita ás obras do mosteiro, substituíndo ao seu irmán Mateus Lopes. Nesta primeira visita confirmou que a capela maior da igrexa estaba practicamente finalizada, quedando por rematar a bóveda e o primeiro andar do portal lateral e as paredes do templo, mentres que xa estaban construídos os dormitorios, a sancristía, o refectorio e as súas dependencias anexas.
A construción do pórtico e da Varanda dos Reis iniciouse o 12 de outubro de 1683.
Características[editar | editar a fonte]
A estrutura do Mosteiro de São Gonçalo presenta moitas similitudes cos templos dos arquitectos Lopes, tanto no Miño como na Galiza. A concepción destas "igrexas-estándar", nas que salientan as fachadas retabulares, comeza con São Domingos de Viana, edificada no terceiro cuarto do século XVI por João Lopes o Moço, e onde Mateus Lopes traballou durante algúns anos. O mosteiro presenta tres claustros e igrexa de planta lonxitudinal, con nártex, de nave central dividida en tres tramos, con capelas laterais interconectadas, está pechada sobre o cruceiro por unha cúpula con lanterna.
Será precisamente nas obras galegas de Mateus Lopes nas que este modelo acada a súa maduración, especialmente no mosteiro de San Xoán de Poio, na Colexiata de Santiago, en Pontevedra, ou o mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela.
O claustro nobre de São Gonçalo inspirouse na estrutura claustral do mosteiro de Poio, e a fachada retabular, localizada nun dos laterais do templo, tería orixinalmente a mesma concepción das fachadas de São Domingos de Viana e da Colexiata de Santiago. Porén, o proxecto inicial foi modificado, sendo executados no século seguinte polo arquitecto Manuel do Couto.
Representacións na fachada principal[editar | editar a fonte]
- Na Varanda dos Reis están representados Xoán III, Sebastián I, Henrique e Filipe I.
- No Pórtico están representados a Nosa Señora do Rosario, S. Pedro Mártir, São Gonçalo, Santo Tomás, os bustos de S. Paulo e S. Pedro, S. Francisco e S. Domingos.
Galería[editar | editar a fonte]
-
Altar
-
Túmulo de S. Gonçalo
-
Sacristía
-
Claustro
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Gonzalo de Amarante |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Igrexa de São Gonçalo na base de datos do IGESPAR