Igrexa de Borgund
Igrexa de Borgund | |
---|---|
Vista da igrexa | |
Datos xerais | |
País | Noruega |
Rexión | Sogn og Fjordane |
Tipo | Igrexa |
Localización | Lærdal |
Coordenadas | 61°02′48″N 7°48′42″L / 61.0467, 7.81167 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Noruega |
Diocese | Bjørgvin |
Arquitectura | |
Construción | 1868[1] |
Arquitectos | Christian Christie |
Estilo | dragestil |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa de Borgund (en noruegués nynorsk: Borgund kyrkje, en noruegués bokmål: Borgund kirke) é unha igrexa parroquial que se atopa na vila de Borgund, no concello noruegués de Lærdal do condado de Sogn og Fjordane. Pertence á parroquia de Borgund e á diocese de Bjørgvin.
Historia
[editar | editar a fonte]Con capacidade para 175 persoas, de madeira e de cor vermella, a igrexa construíuse en 1868 para substituír a antiga igrexa de madeira de Borgund, que ficara moi pequena para dar servizo á parroquia e que aínda se atopa ao seu carón. A nova igrexa foi consagrada o 28 de agosto de 1868 polo pastor Henning Frimann Dahl.[2]
A Asociación de Preservación de Monumentos Antigos de Noruega (Fortidsminneforeningen) pagou dous terzos dos cartos que se precisaron para a súa construción a cambio de xestionar a igrexa vella, que acabou convertida en museo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oversikt over Nåværende Kirker". Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ Sogn og Fjordane Fylkesarkiv (ed.). "Borgund kyrkje". Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Borgund kyrkje". Consultado o 23 de xaneiro de 2016.