Borgund
Coordenadas: 61°02′55″N 7°48′48″L / 61.04861, -7.81333

Borgund é unha vila e antigo concello do condado de Sogn og Fjordane, en Noruega. Dende 1964 pertence ao concello de Lærdal. A vila limita coa estrada europea E16 e atópase a uns 20 km ao sur da vila de Lærdalsøyri. Ten unha superficie de 635 km² e está a 404 msnm.[1]
Toponimia[editar | editar a fonte]
Borgund procede do noruegués antigo Borgyndr. O nome deriva da antiga palabra borg, que significa "fortificación".[2]
Historia[editar | editar a fonte]
En 1864 Borgund separouse de Lærdal, acadando a categoría de concello independente. No momento da súa creación tiña unha poboación de 963 habitantes. Porén, o 1 de xaneiro de 1964, Borgund (cunha poboación de 492 persoas), unha pequena parte do concello de Årdal e o antigo Lærdal uníronse para crear o actual concello de Lærdal.[3]
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na vila atópase a igrexa de madeira de Borgund, unha stavkirke que data do século XII e que hoxe en día é un museo. Ao seu carón está a nova igrexa de Borgund, que substituíu á anterior en 1868.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ www.yr.no (ed.). "Borgund, Lærdal (Sogn og Fjordane)". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2016.
- ↑ Oluf, Rygh (1919). Norske gaardnavne: Nordre Bergenhus amt. Kristiania: W. C. Fabritius & sønners bogtrikkeri. p. 74.
- ↑ Jukvam, Dag. Statistisk sentralbyrå, ed. "Historisk oversikt over endringer i kommune- og fylkesinndelingen" (PDF). Consultado o 24 de xaneiro de 2016.