Ignacio Rivera Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIgnacio Rivera Quintana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHijos de Rivera Editar o valor em Wikidata

Instagram: ignacioriveraquintana LinkedIn: ignacioriveraquintana Editar o valor em Wikidata


Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 1990, Ignacio Rivera incorporouse á empresa Hijos de Rivera e fíxose cargo da dirección comercial e de márketing. Nove anos máis tarde nomeárono director xeral e conselleiro da empresa, nun intre no que se traballaba no desenvolvemento e expansión da compañía co lanzamento de novas marcas e a diversificación de produtos. No 2012 nomeárono conselleiro da empresa.[2]

Dende o 2021 Ignacio Rivera é o presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera.[3] En marzo do 2023 foi escollido como presidente de Cerveceros de España substituíndo a Demetrio Carceller Arce. [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moreno, Sara Rivas (2021-12-31). "Un hombre con estrella para liderar Hijos de Rivera". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2023-10-30. 
  2. NUÑEZ, EMILIA (2021-11-26). "Hombre del día: Ignacio Rivera, CEO de Corporación Hijos de Rivera". Forbes España (en castelán). Consultado o 2023-10-30. 
  3. Press, Europa (2016-05-26). "Estrella Galicia prefiere abanderar la cultura cervecera a ser líder de ventas en España". www.europapress.es. Consultado o 2023-10-30. 
  4. "Ignacio Rivera (Estrella Galicia) nuevo presidente de la patronal española de la cerveza - Economía Digital Galicia: Actualidad económica, empresarial y política en Galicia". www.economiadigital.es (en castelán). 2023-03-16. Consultado o 2023-10-30.