Ignacio Echeverría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIgnacio Echeverría
Biografía
Nacemento(es) Ignacio Echeverría Miralles de Imperial Editar o valor em Wikidata
25 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2017 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - licentiate degree in law (en) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempregado de banca , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHSBC (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
3 de xuño de 2017Atentados de junho de 2017 em Londres (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios


Ignacio Echeverría Miralles de Imperial, nado nas Pontes o 25 de maio de 1978 e asasinado en Londres o 3 de xuño de 2017 foi un empregado de banca galego, coñecido por enfrontarse aos terroristas do Atentado de Londres de xuño de 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, natural de Oviedo[1] era enxeñeiro[2] e estaba destinado na Central térmica das Pontes de Endesa, e súa nai era avogada. Con 9 anos marchou a Madrid, onde se estableceu a familia ao cambiar o pai de destino. Estudou Dereito na Universidade Complutense e na Sorbona. Traballara nun banco e marchara a Londres a traballar no banco HSBC.

Ao redor das 23 horas do 3 de xuño de 2017, Ignacio dirixíase en bicicleta cuns amigos á zona londiniense de Whitechapel. Á altura de Borough Market viron un home que estaba a bater nun policía que estaba no chan. Vendo que o home deixaba o corpo do axente e comenzaba a agredir a unha muller, Ignacio bateu co seu monopatín no agresor conseguindo que deixase a muller e que outras persoas puidesen fuxir. Outros dous terroristas acoitelárono polas costas, morrendo polas feridas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, a título póstumo (2017).
  • Gran Cruz da Orde de Recoñecemento Civil para as Vítimas do Terrorismo, a título póstumo (2018).
  • Medalla de prata ao Mérito Policial, a título póstumo (2017).
  • Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid (2019).
  • Medalla de San Xurxo, Reino Unido (2018).
  • Medalla de Ouro concedida por Dignidad y Justicia.
  • Medalla de Ouro de Las Rozas de Madrid, concedida por primeira vez.
  • Premio COBITE, en Donostia, (Colectivo de Vítimas do Terrorismo).
  • O Instituto onde cursou bacharelato, en Las Rozas de Madrid, adoptou como nome Ignacio Echeverría.
  • Concesión conxunta do Comendador dos Corpos da Policía de Londres concedida de forma conxunta polos tres corpos, por primeira vez. O seu nome usouse para nomear pistas de skate en diferentes lugares de España. A súa familia recibiu o pésame da raíña Isabel II do Reino Unido por medio do Xefe de Protocolo da Casa Real. Estas condolencias foron presentadas na Embaixada de España en Londres con motivo da visita dos reis de España no mes de xullo de 2017.
  • O concello de Ferrol acordou poñer unha placa co seu nome na cidade.[3]

Notas[editar | editar a fonte]