Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| ITV2 |
|---|
|
|
|
|
Fundación / creación
1998 |
|
|
|
Substitúe
S2 (en) |
|
|
|
|
| Wikidata |
ITV2 é unha canle de televisión británica propiedade de ITV Digital Channels Ltd, filial de ITV plc. Comezou a emitir o 7 de decembro de 1998 e está dispoñible en plataformas de televisión dixital por satélite, cable, IPTV e terrestre (Freeview).
A canle caracterízase pola súa programación de series americanas como Entourage, Gossip Girl e Crónicas vampíricas, redifusión de programas de ITV1 como Coronation Street e Emmerdale, programas derivados doutros recoñecidos da ITV como The Xtra Factor de The X Factor e Britain's Got More Talent de Britain's Got Talent , así como por programación orixinal como Secret Diary of a Call Girl e Celebrity Juice.