ITV1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

ITV1 é a primeira e principal canle de televisión privada do Reino Unido, operada pola rede de televisións rexionais privadas Independent Television - ITV, e que comezou a operar o 22 de setembro do 1955, sendo a emisora de televisión privada máis antiga do Reino Unido e a terceira máis antiga en Europa, despois de TMC Monte Carlo e RTL9.

A canle referíase como "ITV" ata o ano 2001, cando o seu nome sufriu unha pequena modificación para ser chamada "ITV1", en concordancia coa segunda canle da rede ITV, ITV2 (lanzada no 1998).

Ata o 28 de outubro do 2002, a canle referíase tamén polo nome rexional da franquía que subministraba os programas da ITV nas distintas rexións respectivas. A partir de entón, en Inglaterra e Gales, o nome da canle pasou a ser chamada soamente ITV1. Porén, en Escocia, Irlanda do Norte e as Illas da Canle conservaron os nomes rexionais: STV (Scottish Television) en Escocia, UTV (Ulster Television) no Ulster, e Channel Television nas Illas da Canle.

A súa programación é dun carácter comercial, con programas de éxito como as telenovelas Coronation Street (que leva en antena dende o 1960) e Emmerdale (que leva en antena dende o 1972), e o drama policial The Bill (que leva en antena dende o 1984).

Outros programas de éxito na ITV1 inclúen: The X Factor (O Factor X), Dancing On Ice (Bailando Sobre Xeo), Ant and Dec's Saturday Night Take Away, I'm A Celebrity Get Me Out Of Here!, You've Been Framed, This Morning, Heartbeat e The Royal.

Esta é a canle de televisión que no seu día tamén deu vida á famosa serie de Rowan Atkinson Mr. Bean.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]