IAR 330
IAR 330 | |
---|---|
Tipo | helicóptero utilitario |
Fabricante | Industria Aeronautică Română |
Primeiro voo | 22 de outubro de 1975 |
Produción | 1975-presente |
Unidades construídas | uns de 163 |
O IAR 330 é a versión de fabricación romanesa do helicóptero Aérospatiale SA 330 Puma, fabricado por IAR Brașov. 24 helicópteros foron mellorados ao IAR 330 SOCAT en cooperación con Elbit Systems de Israel.[1]
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Produción
[editar | editar a fonte]A pesar de ser un membro do COMECON e do Pacto de Varsovia, Romanía esforzouse por conseguir un certo grao de independencia da Unión Soviética. En vez de mercar populares deseños soviéticos, Romanía mercou a licenza para fabricar o Aérospatiale SA 330 Puma francés o 30 de xullo de 1974. O primeiro helicóptero contruído baixo licenza voou o 22 de outubro de 1975 coa designación IAR-330L.[2]
Polo menos construíronse 163 destes helicópteros, dos cales 104 foron parar ás forzas armadas romanesas, 2 quedaron para o fabricante e 57 foron para o mercado de expertación (Paquistán, Costa do Marfil, Emiratos Árabes Unidos, Sudán, Ecuador).[2] Tamén hai unha versión de busca e rescate (SAR), equipada con flotadores inflables para aterraxes de emerxencia no mar, que foi fabricada en pequenas cantidades. O aparello segue fabricándose na planta de Industria Aeronautică Română en Ghimbav, preto de Brașov.
Versión SOCAT
[editar | editar a fonte]Nos anos 90 as Forza Aérea de Romanía decidiu mellorar as capacidades de combate do IAR 330L, converténdoo nun helicóptero anti-carro e de apoio universal. Nesa época Romanía comezou a cooperar con Israel nalgúns programas militares. A compañía israelí Elbit Systems foi escollida e en setembro de 1995 a Forza Aérea asinou un contrato para actualizar 24 helicópteros co sistema SOCAT (Sistem Optronic de Cercetare și Anti-Tanc).[1][2] O primeiro IAR 330L SOCAT fixo o seu voo de estrea o 26 de maio de 1968 no aeródromo de IAR en Ghimbav. O 23 de outubro de 1999 voou o segundo prototipo. O primeiro aparello foi entregado a unha unidade de combate no ano 2001. En total fabricáronse 25 SOCAT, incluído oprototipo, reconstruído ao stándar de produción en 2005.[2]
O IAR 330M NATO é unha versión de transporte modernizada coa aviónica SOCAT, pero sen armas e sistemas optrónicos. Tamén ten un radar meteorolóxico. Doce IAR 330L foron modernizados ao stándar 330M entre 2005 e 2008.[2]
Versión naval
[editar | editar a fonte]O primeiro helicóptero IAR 330 NAVAL desvelouse oficialmente en Ghimbav o 30 de xaneiro de 2007. As Forzas Navais de Romanía pediron tres unidades desta variante. O helicóptero ten unha configuración semellante ao da Forza Aérea, incluído o paquete de actualización SOCAT; os aparellos das Forzas Navais tamén teñen sistemas de flotación instalados baixo os carenados do tren de aterraxe. Son operados dende fragatas para misións de busca e rescate, evacuación médica e vixilancia marítima.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "IAR-330 Puma SOCAT". roaf.ro. Archived from the original on 07 de outubro de 2007. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Marnix Sap, Carlo Brummer (2010). "Fortele Aeriene Romane". Lotnictwo (4/2010): 40–41.
- ↑ "Primul elicopter IAR 330 PUMA NAVAL intra maine in serviciul FNR". Ziarul Financiar. Archived from the original on 23 de xuño de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2018.