Humberto II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Humberto II de Savoia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Humberto II
Umberto II.jpg
Nacemento15 de setembro de 1904
 Racconigi
Falecemento18 de marzo de 1983
 Xenebra
SoterradoAbadia de Hautecombe
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmilitar, monarca e político
PaiVítor Manuel III
NaiHelene Helene von Savoyen
CónxuxeMarie José of Belgium
FillosMaria Pia de Bourbon-Parma, Vítor Emanuel, Príncipe de Nápoles, Maria Gabriela de Saboia e Maria Beatrice di Savoia
IrmánsQueen Ioanna, Mafalda de Saboia, Maria Francisca de Saboia e Iolanda de Saboia
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Cabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski, Orde da Aguia Branca, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Order of Saint Anna, 1st class, Order of Saint Stanislaus, 1st class, Ordem de Miguel, o Valente, Ordem de Santo André, Royal Victorian Chain e Ordem Suprema de Cristo
UmbertoII.signature.png
editar datos en Wikidata ]
Humberto II

Humberto II, nado o 15 de setembro de 1904 en Racconigi e finado o 18 de marzo de 1983 en Xenebra, foi o último rei de Italia, do 9 de maio ao 13 de xuño de 1946, por veces chamado o rei de maio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Humberto foi o terceiro fillo de Vítor Manuel III e Helena de Montenegro, formouse na academia militar de Turín e chegou ao grao de xeneral. Participou en operacións militares durante a Segunda Guerra Mundial.

Despois da caída de Mussolini e da apertura de negociacións dos italianos cos aliados, en 1943, o rei volveu aos poderes constitucionais e o 5 de xuño de 1944 nomeou a Humberto Luogotenente General del Regno nun intento por salvar a monarquía, abdicando en maio de 1946, converténdose Humberto en rei de Italia, no referendo do 2 e 3 de xuño os italianos votaron maioritariamente polo establecemento dunha república e o 13 de xuño marchou para o exilio en Cascais.

Humberto estaba casado desde 1930 con María Xosé de Bélxica, filla do rei Alberte I, coa que tivo catro fillos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.