Humberto Cholango
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de novembro de 1975 Cayambe Canton, Ecuador (en) |
| Educación | Politecnica Salesiana University (en) Universidade Carlos III de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | labrego, político |
| Empregador | Cayambe Canton (en) Congreso Nacional de Ecuador (2003–2004) Provincia de Pichincha (1998–1998) |
| Partido político | Pachakutik |
Manuel Humberto Cholango Tipanluisa, nado nos Andes, Cangahua, Pichincha, en 1976, é un labrego, dirixente indíxena e político ecuatoriano de nacionalidade kichwa. Dende 2003 até 2009 foi presidente da organización kichwa ECUARUNARI.
Humberto Cholango participou na fundación da Corporación de Organizacións indíxenas e Campesiñas de Cangahua (COINCCA, antes UNOIN) e dirixiu a sección de educación. Foi tamén presidente do grupo de mozos Intipa Churikuna (do kichwa, "Nenos do Sol"), fundador da Radio Intipacha ("Tempo do Sol") e Primeiro Coordinador da Confederación do Pobo Kayambi.
Na ECUARUNARI foi dirixente da mocidade e de educación dende 2000 e foi elixido presidente de ECUARUNARI en 2003. En decembro de 2009 sucedeuno Delfín Tenesaca.
En maio de 2017 foi nomeado Secretario Nacional da auga polo presidente Lenín Moreno.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuevo gabinete ministerial: los funcionarios que se quedan y los que retornan". Ecuavisa (en castelán). 23 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2017. Consultado o 24 de maio de 2017.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Humberto Cholango |