Saltar ao contido

HumSat-D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HumSat-D
TipoExperimental/comunicacións
OrganizaciónUniversidade de Vigo
Data de lanzamento21 de novembro de 2013[1][2][3]
Foguete portadorDnepr[4]
Sitio de lanzamentoDombarovskiy[5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico para comunicacións.[5]
NSSDC ID2013-066T
Masa1 kg[4][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6968 km[1]
Inclinación97,5º[1]
Apoapse617,6 km[1]
Periapse577,2 km[1]

HumSat-D é un satélite artificial da Universidade de Vigo lanzado o 21 de novembro de 2013 mediante un foguete Dnepr desde Dombarovskiy.[4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

HumSat-D é un satélite tipo CubeSat feito pola Universidade de Vigo para formar parte do proxecto HumSat, consistente nunha constelación de satélites de comunicacións para dar cobertura a áreas do planeta sen a infraestrutura de telecomunicacións adecuada. O proxecto HumSat baséase na colaboración internacional e está respaldado pola ONU.[4][5]

HumSat-D é un CubeSat estándar de 10 cm de lado e 1 kg de masa baseado no Xatcobeo. Non ten control de actitude nin propulsión e foi despregado desde o satélite UniSat 5. É o primeiro membro de proba da constelación HumSat e o "D" do seu nome quere dicir "demostrador". O obxectivo principal do satélite é educativo, proporcionando experiencia de primeira man aos estudantes que participaron na súa construción. O obxectivo secundario é validar o concepto de HumSat usando o subsistema HUMPL para recoller datos desde sensores en estacións terrestres, envialos ao satélite para gardalos a bordo e transmitilos cando sobrevoe unha estación de escoita.[4][5][6]

As probas do satélite previas ao lanzamento para comprobar que era apto para o espazo fixéronse no Centro de Investigación e Tecnoloxía Espacial da Axencia Espacial Europea (ESTEC por ESA's Space Technology and Research Centre) nos Países Baixos. HumSat-D foi sometido a intensos ciclos de frío e calor nunha cámara de baleiro para simular o contraste térmico no espazo, permitindo atopar fallos que terían resultado na perda da misión e que foron resoltos coa asesoría da ESA.[7]

Despois de varios meses en órbita o satélite xa recibira varios miles de comandos e descargara varios megabytes de telemetría durante os seus pases sobre Vigo, onde se reciben os seus sinais, co que se consideraron os obxectivos cumpridos.[4][5][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "HUMSAT D" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  2. Claude Lafleur (2020). "HUMSAT-D" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  3. "Note verbale dated 7 November 2014 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (14-08496(E)): 3. 19 de decembro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HumSat-D" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2020). "HumSat-D" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  6. "La Universidade de Vigo pone en órbita Humsat-D su segundo nanosatélite". Tecnopole. 26 de novembro de 2013. Consultado o 17 de maio de 2020. 
  7. "ESA gives HumSat-D a hot and cold farewell before its launch" (en inglés). 18 de abril de 2013. Consultado o 17 de maio de 2020. 
  8. D. Besadío (6 de marzo de 2014). "Humsat-D: 1525 órbitas e un estado de saúde excelente". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 17 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]