Naceu nunha familia de agricultures pobres de Chaona[1], na actual provincia de Gansu. Sufriu apoplexía e decidiu estudar medicina. Entre 256 e 260, cara á fin do estado de Cao Wei, compilou un tratado de acupunturaZhenjiu jiayi jing, unha obra en 12 volumes[2] divididos en 128 capítulos e que incorporaba as partes máis importantes dos considerados tres clásicos da época, Huangdi Neijing, Zhenjing e Mintang Kongxue Zhenjiu Zhijao[3], converténdose un dos primeiros traballos sistemáticos sobre acupuntura e moxibustión, e tamén un dos máis influentes[4]. Compilou tamén diversos tratados sobre fórmulas médicas [5] Para alén das súas obras médicas tamén compilou dez libros nunha serie denominada Diwang shiji no que recolle fragmentos históricos dunha multitude de fontes, e no que traza a orixe de varias casas reinantes ao pasado remoto; escribiu ademais biografías de personalidades eminentes que agrupou en Gaoshi zhuan, un dos primeiros exemplos de biografía colectiva [6]. En Shiquan lun filosofa sobre a obriga moral de servir nun posto, en particular se o gobernante é un tirano.