Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur[1] é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo. Tivo orixe no escudo do reino de Galicia.[2]
Características[editar | editar a fonte]
A súa tradución literal é: "Aquí confesamos firmemente este misterio da fe", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrompidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademais de privilexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome de "A Cidade do Sacramento".
O propio lema foi trasladado dende o escudo do reino de Galicia, onde o atopamos en representacións gráficas a partir do século XVII.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lugo (concello). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Edición en DVD. 2005.
- ↑ A Festa do Corpus