Conversa:Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

misterium e mysterium[editar a fonte]

Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur e Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur : alguén pode contar porqué atopamos de vez en cando a i latina e de vez en cando a y ? No escudo de Lugo vese a y, no mapa do século XVI tamén e en latin é mysterium. Se non é un erro estaría ben de esplicar o conto no artigo. — Elvire [Salon privé] 5 juillet 2009 à 11:13 (CEST)

  • No latín medieval (e no posterior) parece que alternaban as dúas formas Glossaria Latina'de W.M. Lindsay e H.-J. Thomson; algúns autores afirman que por confusión entre mysterium (misterio) e misterium (derivado de ministerium) pero non sei se iso é así. Pero no caso do lema da cidade non hai dúbida que era mysterium, así aparece no libro Os símbolos de Galicia de Barreiro e Villares.--RNC 09:42, 5 xullo 2009 (UTC)
  • Moitas gracias RNC, voy seguir un pocuo a ver si procuro algunha fonte sobre a historia do lema ...ElviraConversa comigo 12:20, 5 xullo 2009 (UTC)

Na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, que se da como referencia, di, exactamente (as maiúsculas están no artigo orixinal):

Varios momentos do pasado do municipio están reflectidos no seu escudo. Segundo a descrición de Jaime Bugallal y Vela, a Moi Nobre e Leal Cidade de Lugo trae por armas, en campo de azur, unha torre de ouro, con dous corpos, aclarada e con terraza de goles, entre dous leóns enfrontados, de ouro, rampantes contra a torre, e sumada dun cáliz de ouro, sumado á súa vez de hostia de prata, radiante de ouro, entre dous anxos en adoración enfrontados, de prata, sobre senllas nubes do mesmo metal. Leva un bordo de prata coa divisa HOC HIC MYSTERIUM FIDEI FIRMITER PROFITEMUR, en letras de sable e, ó timbre, unha coroa marquesal. O cáliz e a Sagrada Forma recordan o antiquísimo privilexio da catedral lucense: a exposición permanente e pública do Santísimo Sacramento. Estas dúas figuras aparecen, soas, nos antigos escudos do cabido lucense, o cal as utilizaba como propio selo ou marca. Ó antigo símbolo eucarístico do cabido, os rexedores de Lugo engadíronlle posteriormente (pero quizais antes do século XVII) a torre e os leóns, creando así o símbolo do concello. Para uns autores, a primeira representa o antigo castelo de Lugo, para outros, a famosa torre Augusta, aínda que tamén se quere ver nela a representación heráldica da muralla romana. En canto ós leóns, se o cóengo Pallares y Gayoso (XVII) viu neles os padres del Concilio que, con el valor de católicos leones se opusieron a los herejes sangrientos lobos, hoxe prefírese recoñecer nestes felinos o símbolo do valor manifestado polos habitantes de Lugo nos diferentes asedios que sufriu a cidade no transcurso da súa historia. É posible que a torre e os dous leóns se incorporasen ó antigo brasón do cabido como recordo dun ilustre personaxe medieval cuxos restos mortais xacen na igrexa do antigo convento de San Francisco (hoxe Museo Provincial). Este personaxe, neto do rei Afonso XI, foi o conde de Trastámara, de Lemos e Sarria, Pedro Enríquez, condestable de Castela, falecido o ano 1400 e cuxo escudo de armas traía un castelo e dous leóns. Os anxos adoradores, que non figuran nas antigas armas do cabido, aparecen xa no escudo lucense a finais do século XVII, como consta pola descrición que o rexedor compostelán Mateo de Cisneros y Figueroa fixo das honras fúnebres que tiveron lugar na catedral de Santiago, no ano 1689, pola raíña María Luísa de Borbón. A súa introdución no campo do escudo serviu para enche-los espazos baleiros existentes á dereita e á esquerda do cáliz coa hostia. Non obstante, a súa presenza no escudo non foi sempre continua, pois nalgúns selos do Concello, posteriores -incluso do século XIX- suprimíronse estes anxos. A divisa alusiva ó Santísimo Sacramento, afirmando que aquí profesamos firmemente este misterio de fe é unha versión lixeiramente modificada daquela creada polo padre Ojea, nos comezos do século XVII, para o escudo de Galicia gravado no Atlas de Ortelio. Seguindo un costume iniciado no XVIII coas armas do antigo reino galaico, o Concello lugués, dende comezos deste século, pon a divisa nun bordo. Así constituído, pero sen a divisa, o escudo de armas da cidade de Lugo ten máis de douscentos anos de existencia, como testemuña a labra heráldica esculpida no ano 1781 na porta lucense de San Pedro. A coroa marquesal que timbra estas armas ten unha orixe relativamente moderna. Como a gran maioría dos escudos municipais, o de Lugo estaba timbrado coa coroa real. Pero polos moitos e bos servizos prestados á cidade por distinguidos membros da antiga familia luguesa de Prado, marqueses de San Martiño de Ombreiro, rexedores perpetuos e alféreces reais da cidade, o Concello quixo deixar constancia pública do seu recoñecemento timbrando as armas da cidade coa coroa de marqués. Enciclopedia Galega, SA, 2005

—o anterior comentario sen asinar foi feito por HombreDHojalata (conversacontribucións)