Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur
(Redirixido desde "Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur")
![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur [1] é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo e tardiamente no escudo do Reino de Galicia.
Características[editar | editar a fonte]
A súa tradución literal é: "Aquí confesamos firmemente este misterio da fe", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrompidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademais de privilexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome de "A Cidade do Sacramento".
O mesmo lema sería trasladado con posterioridade ao escudo do Reino de Galicia, onde o atopamos en representacións gráficas a partir do século XVIII.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lugo (concello). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Edición en DVD. 2005.