Historia troiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Grande e general estoria de Afonso X é unha das fontes da Historia troiana

A Historia troiana é unha obra literaria narrativa, escrita na Idade Media. Está escrita en dous códigos diferenciados, un que se pode identificar como galego-portugués e outro que é castelán. Xenericamente, encádrase no que se coñece como Ciclo troiano, pois fai referencia á historia clásica e ás lendas da cidade de Troia. Consérvase nun manuscrito da Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander.

Manuscrito[editar | editar a fonte]

Composto por 220 folios, 140 escritas en castelán e 80 en galego-portugués (aínda que Ramón Lorenzo infórmanos de que o manuscrito debeu de constar de máis de 350 folios). Con todo, a parte en galego-portugués é máis extensa, ao conter máis liñas de texto. A letra é da segunda metade do século XIV e a parte castelá sería anterior. É posíbel que existise unha versión castelá enormemente mutilada, que alguén completou en galego-portugués.

Distribución temática[editar | editar a fonte]

Sepulcro gótico na igrexa de San Francisco de Betanzos, de Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen patrocinou a tradución ao galego da Crónica troiana, cuxa temática é similar á Historia Troiana.

A obra ten como fonte orixinaria o Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure e na parte galega inclúe episodios da General Estoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]