Historia de Washington, D.C.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: intro Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Historia de Washington DC" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Tohoga e Georgetown
[editar | editar a fonte]En 1632 está documentada a existencia dunha aldea dos nativos Nacotchtank no que hoxe é o barrio de Georgetown. Chamábase Tohoga. En 1662 realizáronse as primeiras vendas de terras a colonos que no tardaron en provocar conflitos cos nativos, polo que en 1697 se levantou un forte.
Arredor de 1745, o colono George Gordon construíu un posto de inspección de tabaco xunto ao río Potomac, xusto no último punto augas arriba navegable para grandes navíos. Deseguido creceron alí almacéns, peiraos e unha pequena comunidade portuaria.[1] En 1751 o goberno de Maryland comproulle a Gordon terras para fundar no lugar a vila de Georgetown.[2]
Plan de L'Enfant para a capital dos Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Trala súa independencia en 1776, os Estados Unidos de América precisaban dunha capital libre de calquera outra autoridade. O presidente George Washington foi autorizado polo Congreso a elixir de seu a localización do territorio da futura capital federal (cuxo nome sería Distrito de Columbia, D.C.). Decidiuse polas beiras do Potomac, augas arriba do seu propio lar en Mount Vernon.
A área delimitada era un cadrado de dez millas de lado coas diagonais segundo os eixos cardinais e incluía a vila de Georgetown.[3] En 1791 encargouse ao enxeñeiro e arquitecto Pierre Ch. L'Enfant o deseño da nova cidade capital. Idea un plan de dimensións colosais: dous focos principais, o Capitolio e a Casa Branca, dos que parten senllos grandes eixos (The Mall, leste-oeste de catro km coma un gran paseo cívico de 90 metros de ancho bordeado de edificios públicos representativos[4]). O resto da trama en dameiro característico córtase diagonalmente con avenidas radiais en cuxos encontros aparecen prazas. A inspiración nos conceptos de perspectiva do urbanismo barroco europeo (Roma, París) é notoria. A pesar das sucesivas modificacións, o plan de L'Enfant permanecerá no substancial coma estrutura básica e significativa de Washington.
Século XIX
[editar | editar a fonte]De feito, non foi ata comezos do século XX cando a idea central do Mall se levaría a cabo. Namentres, a cidade empeza a construírse polos dous edificios fundamentais (Capitolio e Casa Branca) e como arteria principal a grande avenida que os une, Pennsylvania Avenue.[5][6] En 1839 chega o ferrocarril e, entre 1848-88, eríxese un obelisco coma monumento a George Washington no peche do aínda baleiro Mall.
O século XIX resultou unha época de dificultades: toma e destrución da capital polas tropas británicas en 1812-14; estancamento poboacional polo maior dinamismo da próxima Baltimore (en 1846 decidiuse devolver a Virxinia o territorio correspondente ao D.C. ao sur do Potomac); e finalmente a Guerra Civil Americana (1860), onde a capital ficaba nunha perigosa posición entre os dous bandos. Abraham Lincoln decidiu fortalecela incrementando a súa poboación que se duplicou, sobor de todo con grandes continxentes de afroamericanos que fuxían do sur confederado escravista cara a Unión] abolicionista. É unha das grandes cidades estadounidense con maioría de poboación negra.
Trala guerra, houbo que fornecer a toda esa nova poboación de condicións de vida dignas. Desenvolveuse un plan director que sobor de todo procurou unha rede de saneamento axeitada, pavimentación e edificios públicos.
The Mall
[editar | editar a fonte]Pero foi en 1901 co plan da Comisión McMillan cando os Estados Unidos pretenden para a súa capital a grandeza das metrópoles europeas (sinaladamente París). Retómase o proxecto do Mall no plan de L'Enfant e mesmo se amplía con recheos no río máis alá do obelisco ata o Lincoln Memorial (1922) que pecha polo oeste a inabarcábel perspectiva. Nel vanse localizar unha chea de museos e prestixiosas institucións culturais (Smithsonian, National Gallery of Art). Amais, edifícase a Union Station de D. Burnham no norte do Capitolio.
Entre as dúas guerras mundiais a cidade creceu con vigor escapando incluso da Gran Depresión. Cunha forte oferta de postos de traballo nas industrias gobernamentais, despois da Segunda Guerra Mundial produciuse un proceso de suburbanización máis alá dos límites do D.C. (o Pentágono na outra beira do Potomac).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Antigo Georgetown á luz da lúa". Consultado o 18 de febreiro 2019.
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2009.
- ↑ [3]