Historia da República Checa
| Historia da República Checa | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
A historia da República Checa abrangue a historia da República Checa e dos seus estados predecesores.
Idade Media
[editar | editar a fonte]As terras checas emerxeran nos fins do século IX cando foran unificadas polos Premislides (premyslids). O reino de Bohemia foi unha potencia rexional con significado, máis conflitos relixiosos como as Guerras Hussitas do século XV e a Guerra dos Trinta Anos do século XVII foran devastadoras.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Máis tarde, Bohemia caeu baixo a influencia da casa de Habsburgo e pasou a formar parte do Imperio Austrohúngaro.
Século XX
[editar | editar a fonte]Despois do colapso do Imperio Austrohúngaro os checos e os seus veciños eslovacos xuntáronse e formaron a república independente de Checoslovaquia en 1918. Este xove país contiña unha minoría alemá de grandes dimensións, o que iría levar á disolución de Checoslovaquia cando Alemaña anexou a minoría por vía do Acordo de Múnic en 1938, e Eslovaquia tamén se separou. O resto do estado checo foi ocupado polos alemáns en 1939.
Despois da segunda guerra mundial, Checoslovaquia caeu na esfera de influencia soviética. En 1968, a invasión de tropas do Pacto de Varsovia puxo fin aos esforzos dos líderes do país para liberalizar o réxime e crear un "socialismo de rostro humano", durante a Primavera de Praga.
En 1989, Checoslovaquia recuperou a liberdade por vía dunha "Revolución de Veludo" pacífica. A 1 de xaneiro de 1993, o país dividiuse en dous pacificamente, conformando as repúblicas independentes checa e eslovaca.
A República Checa adheriuse á OTAN en 1999 e á Unión Europea no 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Historia da República Checa |
| A Galipedia ten un portal sobre: República Checa |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
