Saltar ao contido

Hipersensibilidade dental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hipersensibilidade dental
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
 Factor de risco
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d7gj3 Editar o valor en Wikidata
MeSHD003807 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC50778 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779737434, C2909562476 e C2908727407 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

En odontoloxía denomínase hipersensibilidade ou sensibilidade dental a unha dor dental de carácter aguda e de curta duración, que xorde na superficie da dentina en resposta a estímulos térmicos, evaporativos, táctiles, osmóticos, químicos ou eléctricos; e que non pode atribuírse a ningunha outra doenza dental.[1][2][3]

Que exista certo grao de sensibilidade na dentina é normal, pero por norma xeral non adoita experimentarse dor nas actividades cotiás, como beber unha bebida fría. Así, aínda que os termos de sensibilidade da dentina e dentina sensible úsanse indistintamente para referirse á hipersensibilidade dental,[4] este último termo é máis axeitado.

Os motivos que provocan a hipersensibilidade dental son diversos, tendo a súa orixe na erosión do esmalte do dente. Existen bebidas e alimentos ácidos que poden provocar molestias nos dentes. Ademais, as bacterias provocadas pola carie dental (relacionado co punto anterior) poden ser outra causa de aparición. Outro motivo pode ser o uso dalgúns medicamentos (con contido en Aspirina ou vitamina C). Un lavado de dentes incorrecto (con moita presión ou con demasiada frecuencia) pode provocar a devandita erosión no esmalte. O bruxismo é outro motivo principal da hipersensibilidade dental. Ademais, cabe destacar que a enfermidade das encías ou a recesión das mesmas poidan facer que a raíz do dente quede exposta, favorecendo a hipersensibilidade.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]