Hileo (centauro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hileo foi, na mitoloxía grega, un centauro que intentou violar a Atalanta, filla de Esqueneo, logo de ferir gravemente a Melanión, que a pretendía. Atalanta matouno coas súas frechas, así como a Reco, outro centauro que a atacara coas mesmas intencións.

Atalanta, que fora abandonada polo pai, que só quería fillos varóns, foi recollida e criada por uns cazadores, dos que herdou a afección á caza. Cando chegou a idade adulta decideu manterse virxe e dedicarse a esta actividade. Por isto participou, con éxito, na morte do Xabaril de Calidón, sendo a primeira en ferir coas súas frechas ó animal, aínda que sería Meleagro que finalmente o mataría. Meleagro recoñeceu o mérito de Atalanta e regaloulle a pelica da fera.

Segundo outra tradición, Hileo non morreu nesta ocasión, senón que sería un dos atacantes na batalla entre centauros e lapitas, co gallo da voda de Pirítoo con Hipodamía, onde morreu a mans de Teseo; ou dos que atacaron a casa de Folo, cando este acollía ó seu amigo Heracles, e neste caso morrería asetado por este.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grimal, Pierre (1981, 1ª ed; 2017, 7ª reimpr.). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574.  (en castelán)