Hidroponía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hidroponia»)
Ray Wheeler comprobando un cultivo hidropónico de cebolas. NASA

O termo hidroponía refírese ó cultivo de plantas sen terra, pero en termos xerais é unha técnica de cultivo que consiste de proporcionar á planta todo o que necesite para o seu desenvolvemento, de maneira artificial.

Formas posibles[editar | editar a fonte]

En medio líquido: as raíces están mergulladas en solución nutritiva co pH constantemente regulado, así como a aireación e concentración de sales. Esta técnica non é moi recomendable para principiantes. Unha variante é a recirculación constante da solución nutritiva en contacto coa parte baixa da raíz; esta é a chamada Técnica de Película Nutriente (NFT, en inglés). A planta é sostida por medios mecánicos.

En substrato sólido inerte: parécese en moitos aspectos ó cultivo convencional en terra e é o máis recomendado para quen se inicia. No canto de terra emprégase algún material denominado substrato, o cal non contén nutrientes e utilízase como un medio de sostén para as plantas, permitindo que estas teñan suficiente humidade, e tamén a expansión do bulbo, tubérculo ou raíz.

Aeroponía: as raíces se encontran suspendidas no aire, dentro dun medio escuro e son regadas por medio de nebulizadores, controlados por temporizadores. Tampouco é recomendada para principiantes.