Hidróxido de cobalto(II)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hidróxido de cobalto(II)

Forma azul de hidróxido de cobalto (II)
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O hidróxido de cobalto (II) é un composto químico de fórmula química Co(OH)2 que contén cobalto no seu estado de oxidación +2 como ión, e tamén contén ións hidróxido.[1][2]

Descrición[editar | editar a fonte]

É tipicamente azul pálido ou rosado/avermellado, e prodúcese mediante a reacción dunha base forte, como o hidróxido de sodio, cun sal de cobalto(II), como o cloruro de cobalto(II). Os sales de cobalto(II) poden ter unha cor rosa ou vermella. O hidróxido de cobalto(II) pode converterse en óxido de cobalto(II) ao quentarse.

Precipitación de hidróxido de cobalto(II) engadindo NaOH ao nitrato de cobalto(II).

Usos[editar | editar a fonte]

Entre as súas aplicacións destácase a súa utilización como catalizador en reaccións químicas, como precursor na elaboración de sales de cobalto e como pigmento en pinturas e cerámicas. Ademais, é clave na fabricación de baterías de ións de litio, sendo material de partida para compostos máis complexos empregados como cátodos nestas baterías.[2]

Notas

  1. "Co(OH)2 / hidróxido de cobalto (II)". www.formulacionquimica.com. Consultado o 2024-04-01. 
  2. 2,0 2,1 Connor, Nick (2023-09-18). "Hidróxido de cobalto (II); Fórmula, propriedades e aplicacións". Material Properties (en inglés e castelán). Consultado o 2024-04-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.