Herodes Arquelao
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 a. C. |
| Morte | 18 Galia |
| Etnarca (pt) | |
| 4 a. C. – 6 | |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernante |
| Familia | |
| Familia | Herodian dynasty (en) |
| Cónxuxe | Mariamne III Glafira |
| Pais | Herodes |
| Irmáns | Salomé Olímpia Herodes Filipe Herodes Antipas Antipatro Alexandre |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Herodes Arquelao nado o ano 23 antes de Cristo e finado o ano 18, fillo de Herodes o Grande, foi un etnarca de Xudea, Edóm e Samaria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educado en Roma, sucedeu a Herodes o Grande segundo disposición testamentaria deste no último momento postergando ao seu irmán Herodes Antipas a Galilea e Perea, e que inicialmente era o principal candidato. Ámbolos dous eran fillos de Malthace, samaritana de nación e unha das 10 mulleres de Herodes. O seu sangue samaritano supúxolle o rexeitamento de boa parte dos xudeus. O exército axiña recoñeceulle como rei, posteriormente Octavio Augusto concedeulle soamente o título de etnarca.
Esmagou unha rebelión de fariseos provocando unha matanza de miles de sublevados. A prolongación dunha política represiva espallou o descontento. Determinados grupos de xudeus e samaritanos solicitaron do Imperio a súa destitución. Finalmente Augusto acordou o seu exilio a Vienne na Galia no ano 6 e dispuxo o control romano directo de Xudea a través do gobernador de Siria.