Hermann Edward Hasse
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1836 |
Morte | 29 de outubro de 1915 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Actividade | |
Ocupación | ictiólogo, botánico |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Hasse |
Familia | |
Fillos | Adelaide Hasse (pt) |
Pai | Carl Eduard Hasse (en) |
Hermann Edward Hasse, nado o 12 de xaneiro de 1836, e finado o 29 de outubro de 1915, foi un ictiólogo e botánico, especialista en liques, estadounidense.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hasse escribiu dous textos importantes e numerosos artigos no campo da liquenoloxía.[3]
Principalmente fixo as súas investigacións, como liquenólogo, no sur de California. Entre os seus correspondentes figuran o botánico especialista en criptógamas William Gilson Farlow e o liquenólogo George Knox Merrill.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]En 1913 Hasse publicou The Lichen Flora Of Southern California, unha flora dos liques do sur de California no que describe uns 400 taxons.[1] O liquenólogo Kerry Knudsen describiuno como "histórico" na revista de liquenoloxía Opuscula Philolichenum.[1]
Tamén escribiu un anterior estudo Liquens of Southern California, publicado en 1898, e outros 30 artigos e notas sobre liques, moitos publicados en The Bryologist.[1]
En ictioloxía é coñecido por ser o descritor da familia dos hemigaleidos, tiburóns da orde dos carcarriniformes.[4][5]
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]Hassea, un xénero de fungos da clase dos dotideomicetos,[6] e Lecidea hassei, un lique que crece dentro das rochas (lique endolítico), foron ambos os dous nomeados na súa honra.[1]
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura Hasse enmprégase para reoñecer a Hermann Edward Hasse como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[7]
A abreviatura Hasse enmprégase para reoñecer a Hermann Edward Hasse como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "H. E. Hasse, Lichenist", en Kerry Knudsen (2010): Opuscula Philolichenum, 8: 59-66.
- ↑ "Hermann Edward Hasse, Lichenist", en Bruce Fink (1916): Mycologia 8 (5): 243-248.
- ↑ Lecidea hassei, Consortium of North American Lichen Herbaria.
- ↑ Hemigaleidae Hasse, 1878 no WoRMS. Consultado o 5 de abril de 2022.
- ↑ Hemigaleidae Hasse, 1879. Consultada o 5 de abril de 2022.
- ↑ Hassea A.Zahlbruckner, 1902} no GBIF.
- ↑ Hasse – Hermann Edward Hasse (1836-1915) no IPNI.