Saltar ao contido

Heremigario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeremigario
Biografía
Nacemento400 Editar o valor en Wikidata
Morte429 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Mérida, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, afogamento Editar o valor en Wikidata
Rei dos suevos
Rei
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos suevos
Rei Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata


Heremigario (en latín: Hermigarius ou Heremigarius), finado en Mérida no 429, foi un xefe militar suevo do século V que aparece citado na Crónica de Hidacio dirixindo unha expedición sueva cara a Lusitania a comezos do ano 429 e ao que se enfrontou o rei dos vándalos Xenserico inmediatamente antes de marchar co seu pobo para África. O enfrontamento produciuse nas ribeiras do Guadiana nas proximidades de Mérida e acabou coa morte do suevo, que afogou no río.[1][2]

O historiador alemán Felix Dahn na súa monumental Die Könige der Germanen apuntou a posibilidade que fora familiar e mesmo sucesor de Hermerico, esta hipótese compártea Casimiro Torres en Galicia Sueva sinalando a posibilidade que fora pai de Recimiro. Pero o certo é que non hai constancia documental que indique que fora realmente rei dos suevos[3] e hai autores como Pampliega que sinala que estaría baixo a autoridade de Hermerico.[4]

Tamén foi relacionado con Ermengon, que está enterrada nunha tumba ariana na basílica de Hippo Regius, a capital dos vándalos. Ela era, posiblemente, unha sueva que formaba parte da aristocracia vándala, e quizais parente de Heremigario.

  1. Schwarz, p. 50
  2. Sayas (2004), p.436
  3. Thompson (1982), p. 166
  4. Pampliega (1998), p. 236

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]