Herba das dúas follas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba das dúas follas

Listera ovata
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Epidendroideae
Tribo: Neottieae
Subtribo: Listerinae
Xénero: ''Listera
Especie: ''L. ovata''
Nome binomial
'Listera ovata'
(L.) R.Br.

A herba das dúas follas, Listera ovata,[1] é unha especie de orquídea terrestre pertencente á familia Orchidaceae. Distribúese por Europa.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha orquídea con tubérculo subterráneo do que xorde un talo con dúas follas e coa inflorescencia ao final do mesmo en forma de acio con flores de cor verdosa. Distínguese polas súas dúas follas opostas ovado-elípticas, de 5-20 cm, que brotan xusto por baixo da metade do talo floral delgado. Flores amarelo verdosas, numerosas nunha inflorescencia espiciforme; brácteas diminutas. Segmentos periánticos 4-5 mm, os externos ovados, os interiores máis estreitos; labelo 7-15 mm, dividido case até a metade en 2 lóbulos estreitamente oblongos. Florece na primavera e verán.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Bosques húmidos, pastos. maleza.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Ophrys ovata L. (1753) (Basionymum)
  • Epipactis ovata (L.) Crantz (1769)
  • Helleborine ovata (L.) F.W. Schmidt (1793)
  • Malaxis ovata (L.) Bernh. (1800)
  • Serapias ovata (L.) Steud. (1821)
  • Distomaea ovata (L.) Spenn. (1825)
  • Neottia ovata (L.) Bluff & Fingerh. (1838)
  • Pollinirhiza ovata (L.) Dulac (1867)
  • Diphryllum ovatum (L.) Kuntze (1891)
  • Bifolium ovatum (L.) Nieuwl. (1913)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións

Véxase tamén[editar | editar a fonte]