Adolfo Merelles Martel
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1883 Madrid |
| Morte | 16 de xaneiro de 1962 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Adolfo Merelles Caula |
Adolfo Merelles Martel, nado en Madrid en 1883 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1962, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Adolfo Merelles Caula, dono do Pazo de Porteliña en Beariz. Foi elixido deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1910. Participou na Asemblea Agraria de Ribadavia (1912) e fundou en 1913 o periódico agrarista Heraldo de Galicia que dirixiu a finais dese ano. Promoveu o inicio das obras da estrada OU-213, que une San Cristovo con Beariz. Volveu ser candidato a deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1914, 1916, 1920 e 1923, pero foi derrotado polo candidato conservador José Estévez Carrera que tiña o apoio de Gabino Bugallal. Finou en Madrid o o 16 de xaneiro de 1962.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Eguiluz Ullibarri.