Henrique Niño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Henrique Niño Ricoi")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henrique Niño
Nacemento19 de setembro de 1947
 A Coruña
Falecemento13 de febreiro de 2019
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante, ilustrador e naturalista
editar datos en Wikidata ]

Henrique Niño Ricoi, nado o 19 de setembro de 1947 na Coruña e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 2019, foi un debuxante, ilustrador e naturalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudios de enxeñaría agrónoma, mais profesionalmente foi empregado público. O seu traballo virou ao redor da produción de guías e catálogos de natureza, en especial de especies botánicas en Galicia, entre elas a pioneira Guía das árbores de Galicia de 1997.

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais produciu distintas unidades didácticas, integrando texto, ilustracións e diapositivas, sobre Baldaio, as árbores de Galicia ou os fentos de Galicia.